Analizamos MailRelay, ferramenta de email marketing | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

5 Comentarios

Analizamos MailRelay, ferramenta de email marketing

Analizamos MailRelay, ferramenta de email marketing
David Lamas
  • En Outubro 17, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

En Ganapán gústanos enredar coas diferentes ferramentas que a rede dispón para nós. No caso do envío de emails, atopamos un sen fin delas. Hoxe imos revisar e analizar MailRelay.

Trátase dunha plataforma que nos permite facer ata 15000 envíos/mes e ter 3000 suscritores/mes, obxectivos que están algo lonxe do pequeno comercio pero que garante o volume de envíos que podemos chegar a realizar cada mes.

As particularidades deste servizo atopámolas dende o momento en que queremos rexistrarnos, gustounos especialmente que require ter o noso propio enderezo electrónico vencellado a un dominio. Isto quere dicir que non nos permitirá rexistrar unha conta de correo gratuíta como Gmail ou Hotmail.

Unha vez rexistrada a nosa conta de Ganapán só temos que agardar ao correo de confirmación. Feito o clic dende a nosa bandexa de correo podemos comezar a realizar os envíos. En si, a pantalla principal pode dar unha sensación un tanto pobre, pero a súa funcionalidade fai que esquezamos todo isto e comecemos a realizar as nosas xestións.

É certo que en MailRelay non atoparemos as plantillas que tanto nos gustan de Mailchimp, pero si outras que por funcionalidade e nivel de edición resultan do máis atractivas. Unha axuda para os que non dominen idiomas, é estar en castelán, xa que facilita a súa edición moi encamiñada á apertura en dispositivos móbiles. Estas permiten xestionar e administrar as taxas de apertura e clics coas funcionalidades de Google Analytics, simplemente introducindo o código correspondente en cada envío. Pero se somos dos que preferimos crear as nosas propias plantillas html, podemos ir ao seu editor e personalizalas para cada envío. En si, non é un gran editor, pero sempre podemos empregar unha ferramenta de edición como nvu, creala dende o programa e importala en MailRelay.

Outra cousa que agradecemos, é que MailRelay coa súa propia API, xa sabedes, con copiar o código e introducilo na web xa contaremos cun cadro para que se inscriban ao noso boletín sen ter que estar a exportar e importar os nosos contactos, ou no peor dos casos, introducilos un a un.

MailRelay, ao igual que outras ferramentas de xestión de correos coma Mittum, quere que a experiencia sexa sempre a mellor, e para iso inclúe un chat no que, sen ter que agardar moito, os seus operarios axúdannos a mellorar as nosas plantillas, ou a solucionar calquera das dúbidas que teñamos. Incluso, periodicamente recibiremos correos dos traballadores para personalizar a nosa conta de pago segundo as características da nosa empresa.

Comentarios

  1. xabierviana

    Pois moi agradecido. Sempre resultan de gran axuda as ferramentas para personalizar tarefas repetitivas de empresa (grande o pequena). O Corte Inglés podería aprender. Ja!

    • Ola Xabier, grazas por pasarte, a verdade é que pese a súa interfaz, que resulta moi pouco estética, que estea pensado para envíos a dispositivos móbiles fan de mailrelay unha opción xenial.

      Existen moitas máis pero que no seu plan gratuito non traen de serie as características de Mailrelay como é o caso Teenvio, con 5000 envíos e 100 suscriptores ao mes, non permite importar a túa plantilla, non podes programar o envío,nin estatísticas de campaña…vamos, que che deixa envíar e sen pasarte nos envíos/campaña (que están limitados tamén

      Por iso recomendamos empregala!

      Un saudiño!

  2. Ola, grazas pola review de Mailrelay. Cremos que foi unha review honesta e moi importante para as empresas que están a buscar iniciar o mundo do
    marketing online. O equipo da Mailrelay está a disposición de todo para axudar no que sexa posible, con Consultoría para soporte en español, portugués e inglés.

    • Ola, grazas a vós! non dubidamos en convidar aos noso clientes a empregar a vosa ferramenta, para saír do ríxido dos idiomas de Mailchimp. Grazas por pasarvos.

Deixa un comentario

UA-43720748-1