Atrae do offline ao online | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Atrae do offline ao online

Atrae do offline ao online
David Lamas
  • En Outubro 22, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Nunha viaxe a Santiago de Compostela, xa na entrada á cidade circulaba diante miña un guindastre que impedía que puidese circular a máis velocidade. Despois de levar uns 10 minutos detrás del a miña vista fixouse no espazo entre o propio guindastre e a defensa traseira do camión que o transportaba. Neste oco tiñan colocados uns adhesivos nos que se podía ler “Se nos segues, faino tamén en Facebook“, acompañado do logo da rede social.

Esta anécdota sérveme para ilustrar este post sobre a relación entre o offline dunha marca e a súa visibilidade online. Poñémonos na pel do comerciante que comeza a súa actividade na rede e quere atraer xente á súa páxina: O primeiro que fará será convidar aos seus amigos e coñecidos aos espazos da marca na rede, toda esa xente que sabe que responderá ao convite, pero… que pasa despois? Esta será a primeira dúbida dun comerciante: como atraio á xente que ven polo meu comercio para que nos siga na rede?

Nisto de atraer ao cliente dende offline, da túa tenda, ás redes sociais, xoga un papel crucial que deas a coñecer que a túa tenda dispón deses perfís e espazos. Un feito tan sinxelo como dicir “Sabedes que tamén estamos en facebook? alí podedes preguntarnos as vosas dúbidas, compartir experiencias, ver as nosas ofertas…”.

Ao longo destes últimos anos téñense levado adiante moitas iniciativas para conxugar o offline co online, dende o caso do guindastre co que comezaba este post, aos adhesivos colocados nos escaparates e portas do comercio. Outras ideas, tamén offline e sinxelas, pero con bastante pegada poden ser introducir os logos das redes en bolsas e recibos de compra, tarxetas de visita, e promover descontos na tenda para os seguidores dos espazos na rede (a través de códigos, palabras clave ou xogos)… Hai un par de anos, co boom dos códigos QR, atopabámolos en calquera comercio, produto, etiqueta, mesmo editados co logo da empresa. Claro que este proceso, cada vez máis en desuso, requería que a xente escanesase co seu móbil o noso QR e que este redirixise á páxina web ou aos perfís sociais. Nós non somos moi amigos de estar a escanear todo canto código atopamos e a día de hoxe vémolo máis como unha barreira como un acerto.

Do mesmo xeito que dende o online compartes imaxes da túa tenda, productos e promocións, dende a propia tenda debes compartir a actividade que estás a realizar na rede… para que o esforzo nunha e na outra non sexa en balde.

Deixa un comentario

UA-43720748-1