Benvidos a Ganapán Comunicación | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

8 Comentarios

Benvidos a Ganapán Comunicación

Benvidos a Ganapán Comunicación
Agos Reigosa
  • En Setembro 2, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

Sodes todos benvidos e benvidas a Ganapán Comunicación, a aventura empresarial de tres soñadores cos pés na terra, de tres persoas con moita iniciativa, que non emprendedores, e con moitas ganas de traballar no que máis lles gusta: a comunicación, o marketing e en xeral, axudar a todas as empresas que o desexen a ser algo máis visibles para o mundo.

Dende aquí, dende este pequeno sitio da enormidade da rede dámosvos a benvida e convidámosvos a entrar ata a cociña de esta a nosa casa para que vos sintades coma se estiverades na vosa. As portas están abertas para todo o mundo dende xa e ata que o corpo aguante, así como o están todas a nosas vías de comunicación: Twitter, Facebook, Google+ e mail.

Así que entrade, colocade todo a voso gusto e vémonos na cociña á hora de comer.

Anterior Post

Non hai entradas máis antigas.

Comentarios

  1. Marta

    Benvidos!!!

    Estou segura de que este é o comezo de algo moi grande! :)

  2. ROSA MARIA

    Animo..que si os profesionais son bos..e hai moita forza…veña. BICOS. Rosa

  3. PabloA

    Unha boa plantilla coma esta é case un éxito asegurado. Ánimo na vosa andaina.

  4. seila

    da gusto ver que la gente no se rinde y emprende suerte chicosss!!!!!!!!

  5. Beatriz

    Moitos parabéns! Encántame ver que xente nova comeza proxectos tan lindos coma éste. Deséxovos todo o mellor!

    De todolos xeitos, quería dicirvos que cando abro un dos vosos artigos fáiseme un pouco compricada a súa lectura, os caracteres son moi pequenos e están moi concentrados no centro. Tedes pensado cambiar isto da web pronto?

    E por outro lado, ¿cándo poderemos vervos as caras? Queremos fotos de vos!

    Unha aperta!

    • Ola, Beatriz!

      Antes de nada, grazas polos folgos e o entusiasmo!
      Estamos a traballar no tocante ao tamaño da tipografía, para que non se quede ninguén cego vendo a nosa páxina. Esperamos darlle solución pronto.
      Sobre o das fotos… o certo é que somos bastante tímidos. Agardaremos a que veñan os de Forbes a sacarnos a foto de portada de dentro duns anos para saír á luz ;)

      Apertas e grazas de novo!!!

Deixa un comentario

UA-43720748-1