Cales son os formatos publicitarios en Twitter e Youtube? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

3 Comentarios

Cales son os formatos publicitarios en Twitter e Youtube?

Cales son os formatos publicitarios en Twitter e Youtube?
Antía Paz
  • En Novembro 7, 2013
  • http://about.me/antiapaz

Tralo primeiro post no que explicabamos cales son os principais formatos publicitarios de Facebook, seguimos analizando polo miúdo as diferentes opcións que Twitter e Youtube nos ofrecen para dar visibilidade á nosa marca nas súas plataformas:

 

 

Twitter

O paxariño azul non se vende barato, non, señor. Nesta rede temos tres grandes opcións para publicitar a nosa marca. Así, podemos facernos cunha conta promocionada, tweets promocionados ou un hashtag promocionado, con moi diferentes custos.

. A conta promocionada é ideal se queremos aumentar rapidamente o número de followers. 2013-11-07_1302Nós escollemos o público obxectivo da conta e podemos segmentalo por palabras clave, intereses ou ubicación xeográfica. O seu custo é segundo o número de seguidores que obteñamos e o seu funcionamento é baixo poxa, estilo AdWords (en vindeiros posts meterémonos en fariña e contarémosvos cómo funciona o sistema de anuncios de Google). O custo por seguidor obtido varía entre 1€ e 5€.

 

. O tweet promocionado non é moito máis barato e ademais, resulta altamente intrusivo dende o punto de vista do usuario.2013-11-07_1306 Empregaremos esta modalidade se queremos darlle visibilidade a unha oferta, imaxe, hashtag ou ligazón en concreto. Este tipo de tweets indentifícanse perfectamente porque van marcados cunha icona laranxa. Este formato divídese en dúas clases: tweets que aparecen no timeline e tweets que aparecen nunha busca. O custo do tweet promocionado márcase a partir dunha poxa, sempre dende 0’50€ por interacción. Enténdese como interacción neste caso o clic do usuario, mención, marcar como favorito, retweet… (a primeira que o usuario faga, non as que deriven dela, coma unha conversa, unha cadea de retweets, etc). E si, a Igrexa Católica foi unha das últimas en empregalo (e que figurase no noso timeline).

O tweet promocionado no timeline amósase aos nosos seguidores e a posibles seguidores novos de características similares aos nosos, sen ningún tipo de filtro máis aló dos intereses ou palabras clave marcadas. O tweet promocionado na busca aparece como primeiro resultado en buscas relacionadas. Nós marcamos unha serie de palabras clave (ou trending topics do día) cos que queremos que se amose o noso tweet e éste amosarase a tódolos usuarios que as busquen, como primeira achega.

 

. O trending topic promocionado é unha das fórmulas menos invasivas, xa que, malia ocupar o primeiro posto entre os temas do día (que figuran na parte inferior esquerda do noso timeline de twitter), non molesta na lectura diaria de contidos. 2013-11-07_1312Esta modalidade é a máis cara entre os formatos publicitarios de Twitter (nunca inferior aos 10.000€ por día), pero garante unha visibilidade total.

 
 
Youtube
 

Youtube ofrécenos diferentes formatos, para moitos, descoñecidos. Por un lado temos os banners (xa sabedes, os anuncios de-toda-la-vida), que aparecen á dereita do vídeo que estamos a ver, en calquera páxina menos na principal.

2013-11-07_1314

 
. Os anuncios “in-video overlay” son esas molestas superposicións que aparecen na parte inferior do vídeo que estamos vendo e que se poden eliminar facendo clic no x da dereita.

2013-11-07_1319

 
. O formato True-View son os anuncios completos (que se poden saltar tras cinco segundos de visionado) que se nos amosan antes da reproducción do vídeo que queremos ver. 2013-11-07_1316A versión in-stream son este tipo de insertos publicitarios, coa diferenza de que estes non poden saltarse, tendo que ver o anuncio completo. Este tipo de anuncio pode ser segmentado para o público que requira o anunciante, segundo a ubicación xeográfica, as características demográficas ou as temáticas que prefire o usuario.

. Os vídeos promocionados son, coma no caso dos tweets, resultados que se nos amosan nunha busca (neste caso, en Youtube e en Google Vídeos). Xestiónanse a través de AdWords, seleccionando as palabras clave na busca coas que queremos que se amose e as categorías. O seu pago realízase, coma no caso dos tweets, pola interacción, non por ser amosado.

 
. Canles corporativas en Youtube:2013-11-07_1321Non son anuncios en si mesmos, pero si son unha opción (moi cara) para dar un ton corporativo personalizado á nosa marca nesta canle: De balde podemos crear a nosa canle de usuario “normal”, só con ter unha conta en Youtube e a unha canle de marca. Esta permítenos personalizar a cabeceira e o fondo e enlazar dende ela a nosa web. A canle de marca adaptada (ou customizada) déixanos personalizar absolutamente todo, insertando imaxes, logos, aplicacións, botóns sociais, etc. Claro que non é barata, a súa creación ten un desembolso de arredor duns 40.000€.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1