Cales son os principais formatos publicitarios en Facebook? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

4 Comentarios

Cales son os principais formatos publicitarios en Facebook?

Cales son os principais formatos publicitarios en Facebook?
Antía Paz
  • En Novembro 6, 2013
  • http://about.me/antiapaz

A publicidade de pago nas redes sociais é unha ferramenta que, malia non ser barata, é empregada cada vez por máis empresas, negocios, marcas ou profesionais. Identificar exactamente en qué consiste cada formato publicitario e como podemos xestionalo é clave para sacarlle o maior partido posible á nosa inversión. Así, hoxe imos analizar os diferentes espazos publicitarios que nos ofrece Facebook e cómo facelos rendibles:

 

Primeiro están os anuncios sociais.
socialadSon eses pequenos anuncios rectangulares que aparecen á dereita do noso muro. Amósanse segundo os intereses e gustos do público obxectivo, que como marca podemos configurar case a pracer. Así, podemos segmentar un anuncio ata o extremo de que se lle amose tan só a mulleres entre 40 e 45 anos de Cambre ás que lles guste xogar á billarda.

O destino deste tipo de anuncios pode ser a páxina de Facebook da marca, a web, algunha promoción concreta… O número de veces que se amose o noso anuncio e os “gústame” ou interaccións que obteñamos a partir del dependerán da segmentación do mesmo e da inversión publicitaria, que vai dende os 10€ ata o que queiras gastar…
Os anuncios sociais tiveron o seu momento de auxe no noso país entre 2010 e 2011, na actualidade caeron en desuso pola aparición de novos formatos publicitarios nesta rede.

 

As historias patrocinadas son sensiblemente máis grandes que os anuncios sociais e amósanse aos contactos dos nosos seguidores. [edición de xaneiro 2014: dende abril de 2014 as Historias Patrocinadas desaparecerán. Máis información aquí]
sponsPoden aparecer tanto á dereita da pantalla (coma os anuncios sociais), coma no fío de contidos do noso muro. Se eu, como seguidora dunha páxina, interactúo con ela (comentando ou dándolle a “gústame”), esa actividade amósase aos meus contactos, que poden ver a publicación, comentala e comezar a seguir a páxina. Na actualidade estímase que este tipo de anuncio é o dobre de efectivo que os anuncios sociais orixinais

 

As publicacións suxeridas son posts xa publicados da nosa fanpage ou historias patrocinadas da mesma que conteñen o botón “Gústame”.

2013-11-06_1746

Este tipo de contidos amósanse tanto a seguidores actuais coma aos non seguidores para incitalos directamente a seguir á páxina. O contido é a clave neste formato: o post que se promociona ten que ser atractivo para os usuarios e “non parecer” publicidade, para xerar interese e favorecer o clic ao contido.
Na actualidade, Facebook permítenos, como usuarios e como páxina, pagar para favorecer a visibilidade dalgún post en concreto. Isto é o coñecido como post promocionado.

2013-11-06_1754

Dende hai un tempo, o alcance natural das publicacións de Facebook viuse mermado polo seu algoritmo (para promover, precisamente, a inversión en publicidade na rede). Un post promocionado multiplicará o alcance que ten na actualidade a nosa páxina. A partires de 4€ podemos darlle un empurrón a unha publicación en concreto, que se amosará tanto aos nosos seguidores actuais coma aos seus contactos.

O coñecido como log-out é o anuncio que se nos amosa a pantalla completa cando nos deslogueamos en Facebook, e pode ser en formato imaxe ou formato vídeo.

2013-11-06_1801

Este formato xerou controversia no noso país estas semanas pasadas, por estar protagonizado polo anuncio do día das Forzas Armadas. O seu custo supera os (ollo!) 525.000€.
Dende orzamentos pequenos a grandes emolumentos, Facebook ofrécenos unha grande variedade de anuncios cos que podemos dar un empurrón á nosa páxina. Pero nós, dende Ganapán, seguimos recomendado unha xestión de calidade, contidos interesantes, interacción cos usuarios… como ferramentas máis eficaces.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1