Cando estamos de compras na rede atopamos | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Cando estamos de compras na rede atopamos…

Cando estamos de compras na rede atopamos…
David Lamas
  • En Outubro 10, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

… que hai certos aspectos que non nos garanten nin seguridade nin profesionalidade nas webs de comercio electrónico. Barreiras que nos impiden levar a cabo a compra e incluso, fan que perdamos o interese en levala a bo termo.

O pequeno comercio quere (e debe) introducir e expandir as súas vendas na rede e para isto recorren a plataformas, axencias ou mesmo ao “faino ti mesmo” para crear un espazo de ecommerce. E benvidos sexan! Pero hai que ter en conta que o noso cliente quere ter unha experiencia satisfactoria e sensación de comodidade. Está a comprar dende a casa, e quere que todo sexa sinxelo e seguro.

Deberiamos pornos en situación: o usuario está na comodidade do seu fogar, diante da pantalla do ordenador, quere mercar e accede aos seus portais favoritos, ou mesmo descobre novas tendas e a experiencia que éstas lle ofrecen. Cando, á fin, atopa o que está a buscar… que pasa coa descrición? e as tallas ou tamaños? e a procedencia? as imaxes? e onde van os produtos que non son ese, pero que poderían interesarlle? As malas experiencias anteriores dinnos que moitas veces nos ecommerces fallan os buscadores internos de produtos, facéndoos ilocalizables, debido a que as tags ou etiquetas que os identifican non están ben colocadas. Vaia, que teremos sorte se a busca remata nalgún produto, incluso relacionado. Cando estes buscadores funcionan ben, a experiencia é satisfactoria para o cliente, e garantirá un plus de profesionalidade á nosa empresa.

A información é o que demandamos como usuarios: queremos ter a seguridade de que compramos X produto, que ten X propiedades e que é exactamente como aparece nas imaxes. A clave, como comercio, está no mimo polo noso traballo e no coñecemento que temos do xénero que estamos a vender, xa que queremos estar seguros de que o usuario coñece o produto antes de adquirilo e garantirlle que está en boas mans.

A nosa recomendación pasa por mellorar as descricións, engadir fotografías de calidade, tentar homoxeneizar os datos como tallas e medidas, incluir produtos relacionados (isto é: se quero mercar calzado, ofréceme calcetíns, ou zapatos que sexan similares) e xa que estamos, engadir botóns sociais para compartir produtos nas redes. Para ofrecer un servizo redondo, debemos engadir unha vía para que o usuario se poña en contacto con nós se ten calquera dúbida, facilitándolle a experiencia.

Ben, o usuario está case finalizando (recalcamos o case), xa ten diante o produto que quere! Engádeo ao carro da compra e atopa a peor das barreiras posibles: O rexistro. Este paso frea a navegación e empeora a experiencia para os clientes, xa que engade á compra tres novos pasos (rexistro, validación da conta no noso correo e volta ao carriño). Sorte terá se non perde a compra ao refrescar a páxina, tendo que volver comezar. É recomendable que ofrezamos a opción de compra sen rexistro previo eliminando eses tres pasos e pasando directamente a engadir o enderezo e datos de contacto, forma de pago e validación, sendo igual de efectiva a compra. Ao final acabaremos obtendo os datos do usuario igual, pero axilizando o proceso.

Unha vez finalizada a compra, queremos saber o estado do noso envío. Hai tempo tiven unha experiencia peculiar seguindo un envío: adquirín un instrumento musical en Alemaña e a empresa proporcionounos un código e unha páxina onde comprobar o envío a tempo real. Dende que saíu ata que chegou puidemos seguilo paso a paso. En todo o proceso sabiamos onde estaba a nosa compra, as 24h que tardou en chegar de Alemaña aos Pirineos… e as 72h que tardou de alí a Vigo.

Con todas estas claves, só nos queda recomendarvos que melloredes a vosa web, o voso comercio electrónico, que as descricións sexan claras, con toda a información que estimedes necesaria, e que elaboredes un proceso sinxelo para o usuario, que faga que repita experiencia.

Comentarios

  1. Rodrigo Rodríguez Barros

    El problema es que ahora para hacer una página web (ya sea e-commerce u otra cualquiera) sólo piden a una persona que sepa programación, diseño gráfico/web, fotógrafo, etc.

    Cuando lo ideal sería tener programador, diseñador gráfico/web (ya que la mayoría de los diseñadores no tienen ni idea de diseño, sólo basta con ver algunas webs con sus mezclas de colores y botones. ..) y un fotógrafo para dar la mejor calidad y visión del producto (ya que a muchos ya compramos con los ojos ya antes de ver las características del producto). La fusión de estos tres perfiles profesionales daría la sinergia perfecta para crear la web ideal para el cliente.

    Es mi humilde opinión.

    • Ola Rodrigo,

      Completamente certo, para facer unha correcta web precísanse desos tres profesionais, pero o malo é que para un pequeno comercio asumir o custo dos tres é impensable… Cando recurres a unha axencia, poste en mans dun programador, ou deseñador, máis o primeiro que o segundo, obtendo webs que falando entre nós son unha pataca visualmente.

      A túa opinión máis que humilde é a correcta. Un saúdo e grazas por pasarte por Ganapán.

Deixa un comentario

UA-43720748-1