Como aplicar técnicas SEO na nosa páxina | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Como aplicar técnicas SEO na nosa páxina

Como aplicar técnicas SEO na nosa páxina
Agos Reigosa
  • En Novembro 21, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

Hai un días comezabamos a falar por aquí máis polo miúdo de qué era o SEO, aprendendo así mesmo o que son o SEM e o PPC. Hoxe imos falar unicamente do SEO e de como podemos aplicar algunhas técnicas básicas na nosa páxina, blog ou espazo. Algunhas cousas que temos que considerar antes é que o SEO non é algo estático, pode que cousas que funcionen hoxe non funcionen dentro dun ano. Temos que darnos conta que estamos procurando unha mellor interacción con Google, pero éste non para de modificar as reglas de xogo.

O primeiro que debemos ter en conta é o contido, sen un contido axeitado Google non nos terá en consideración nas súas búsquedas. Pero… ¿que é un contido adecuado? Pois algúns factores que podemos considerar son os seguintes:

  • Escribir por riba das 250 palabras/artigo
  • Ter unha relación texto/imaxe, vídeo, código, do 80/20
  • Non escribir esaxeradamente, Google só considera 150kb como máximo, aínda que iso é moito contido.
  • Non roubar contido. Podemos usar textos doutros autores como base, pero copiar será penalizado.
  • Tentar crear valor co texto, non só escribir por escribir ou encher un oco.

As keywords (palabras clave), considérase outro dos puntos fortes. Certo é que se hai uns anos eran un factor moi importante, mais debido ao seu uso sen control estas teñen un menor peso hoxe en día. Temos que procurar non usar sempre as mesmas, nin usalas sen sentido nin control. Usemos a negriña de forma axeitada, como resumo, para que cunha simple ollada poidamos recibir unha idea xeral do texto. De forma moi similar podemos falar dos tags ou categorías: valen máis poucos e ben escollidos que moitos sen ningún sentido. En xeral podemos pensar en Google coma un lector máis: canto máis doada lle fagamos a lectura, mellor para nós.

Outro factor que segue tendo moita relevancia son as ligazóns. Segue a ser algo moi normal que certos blogs pidan a outros o intercambio de links, por exemplo. Coma nos anteriores casos, Google premiará unha correcta utilización das mesmas: ligazóns que dirixan a contido de calidade de forma esporádica axudarán a situar a nosa páxina como unha de calidade, e digo de forma esporádica porque se en tódolos artigos enlazamos cara a mesma web, crearemos un efecto contrario ao desexado. Deste xeito, as ligazóns internas da nosa web serán importantes, ter todo ben organizado para que os nosos lectores poidan chegar a calquera punto da mesma en só un par de clics tamén será moi positivo para o SEO.

Pero tamén existe o contrario, é dicir, dende onde nos enlazan (tamén coñecido como linkbuilding). Este proceder é algo máis complicado de combater xa que non sempre poderemos eliminar as ligazóns ao nosos contido que menos nos favorezcan. De novo, que estas procedan de contido de calidade, e de partes determinantes doutras páxinas (por exemplo, links dende o contido principal dun blog) sumará puntos positivos para Google. Neste punto debemos lembrar que, aínda que cando estamos empezando poden parecer ouro, a maioría dos directorios non aportan nada ás nosas webs, así que na medida do posible, evitalos é a mellor opción.

Existen outros factores que tamén inflúen no SEO coma son os tempos de carga ou os erros da páxina, pero non son tan doados de modificar como os anteriormente mencionados. Existen ferramentas que nos poden axudar a implementar técnicas SEO no noso blog como por exemplo All in One SEO Pack, pero como xa apuntamos, de nada serve se non a configuramos axeitadamente ou se non estamos atentos aos cambios de Google. Un exemplo: os tags hoxe en día xa non teñen peso, mentres que o título e a descripción dun contido gañaron moita importancia.

Estes, como tantos outros que vos damos aquí, son só consellos e parte dos factores que afectan á correcta aplicación das técnicas SEO. Se queremos aplicalos á nosa páxina e non sabemos moi ben cómo, debemos pornos en contacto con profesionais.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1