Como fusionar páxinas de Facebook | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Como fusionar páxinas de Facebook

Como fusionar páxinas de Facebook
David Lamas
  • En Decembro 3, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

En ocasións pode darse o caso de que nos atopemos con varias páxinas en Facebook para un mesmo negocio ou marca. Tanto nesta situación coma no caso de que teñamos unha fanpage e veñamos de pasar un perfil de persoa a páxina, hai unha solución: a fusión.

Como paso previo á fusión de páxinas recomendámosvos, para que esta se realice de forma automática, ter o mesmo nome nas dúas páxinas. Se temos un perfil non migrado e unha páxina a fusionar, recomendamos cambiarlle o nome ao perfil, xa que é moito máis doado que facelo coa páxina (facede caso á voz da experiencia). Para iso só temos que acceder ao noso perfil de persoa e modificalo aquí. No caso de que levásemos a cabo a migración e non tiveramos en conta o cambio de nome… teremos un problema con Facebook.

Dicimos isto xa que, cos últimos cambios de Facebook, para validar un novo nome nunha páxina debemos certificar por medio de facturas ou outros documentos oficiais que realmente somos o propietario ou representante do establecemento. Pode parecer esaxerado, ou complicado á hora de xestionalo, pero así é.

Unha vez que teñamos o perfil migrado a páxina, como vos explicamos no post anterior, accederemos a Facebook co email e contrasinal habitual. Nese momento, atoparémonos nunha pantalla de administración das dúas páxinas: a de sempre e a nova. Accederemos á que consideramos a principal, a que ten máis seguidores ou contidos máis interesantes:

facebook1

Nela faremos clic sobre Editar páxina, e dende aí a Actualizar a información da páxina, e accederemos a Modificar os axustes. Ben, se estás a empregar Facebook en galego posiblemente non atopes a opción “fusionar páxinas”, por iso escolle de idioma “español (España)” para continuar coa fusión. Non entendemos o porqué, e levamos todo o día buscando a opción, ata que decidimos cambiar o idioma…

Sin título

Unha vez que seleccionamos a opción de fusión, aparecerá unha pantalla coma a seguinte:

Sin título

Aceptamos as condicións e escollemos a páxina que queremos conservar. Por lóxica, como comentamos antes, escollemos aquela onde traballamos diariamente e non o perfil recén migrado a páxina. Entendemos o derradeiro punto e teremos o seguinte deplegable:

Sin título

Seleccionamos as páxinas que imos fusionar coa principal, é dicir, as que non queremos manter. Como podemos ver, a fusión pódese realizar ata entre cinco páxinas distintas. Só queda clicar en enviar e o proceso pola nosa parte rematou. Facebook pode tardar varios días en realizar a fusión e incluso pode denegala (no caso de que os nomes ou a razón non sexan a mesma). Se pasa isto, repetiremos o proceso, pero sen enviar varias peticións simultaneamente.

Unha vez que fusionemos as páxinas con éxito, os “Gústame” sumaranse (aqueles que non se repitan) e o noso alcance será maior. Se tedes calquera dúbida durante o proceso, escribídenos! 

Comentarios

  1. Entón… se temos duas páxinas con nomes distintos se pode facer? (sempre e cando a unha lle poñas o mesmo nome que a outra) ou xa me liei?

    • Ola,
      Si, pódese facer, cando tes dúas co mesmo nome facebook fai a fusión inmediatamente, se as dúas páxinas non teñen o mesmo nome é posible que deneguen a túa petición. Nese momento tes dúas opcións, solicitar o cambio de nome, ou tentar de novo a petición de fusión.

      Saúdos

Deixa un comentario

UA-43720748-1