Como iniciar a túa marca nas redes sociais | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

4 Comentarios

Como iniciar a túa marca nas redes socias

Como iniciar a túa marca nas redes socias
Agos Reigosa
  • En Outubro 15, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

Cando comezamos un proxecto, o que primeiro facemos, despois de saber qué nome recibirá esta nova idea e desenvolvela, é ir a twitter ou facebook e rexistrar os espazos ao seu nome para que ninguén se nos adiante. Malia que aínda non teñamos claro para que ou como imos a usar cada rede, a estas alturas xa sabemos que queremos estar aí, algo moi lóxico, pero non suficiente. Antes de enviar por primeira vez un chío tweet ao mundo ou actualizar a nosa fanpage temos que ser conscientes dun par de cousas:

- O primeiro que temos que pensar é que a conta que imos crear vai ser da nosa empresa, non nosa. Todo o que fagamos nela vai ser o reflexo do que é a nosa compañía para o mundo. Quizáis se a nosa empresa é pequena (ou es o único empregado) este é o punto máis complicado de entender: ser consciente de que o uso que imos dar a esta conta ten que ser moi diferente ao dunha conta persoal, por moito que o trato da nosa empresa sexa amigable, é fundamental.

- O segundo, e que máis traballo nos vai dar, é abrir e completar a nosa información nas redes sociais nas que decidimos estar. Agora non imos entrar en cal é mellor para cada cousa porque daría para unha serie completa de posts. Poñamos que xa o pensamos e decidimos en cal queremos estar; abrir correctamente o noso perfil nestas é o segundo paso fundamental, crear unha páxina e non un perfil en Facebook e Google+, ter un blog ou unha web para redes como Twitter que complete a nosa información ou que os datos non entren en conflicto co exposto no primeiro punto.

- Por último temos que ser conscientes das oportunidades que nos brinda cada rede e para qué están pensadas; evidentemente, facer algo diferente é algo sempre bo, pero isto non debe entrar en conflicto co ser da propia rede. Así, Twitter ofrécenos 140 caracteres para compartir os nosos contidos e pasarnos de aí, abusando de apps como twitlonger moi a miúdo, non é un bo sintoma. Instagram está pensando para fotos feitas con dispositivos móbiles, polo que facer un concurso de fotografía DSLR nesta rede non é unha boa idea. Facebook e Google+ permítennos o uso de máis de 60.000 caracteres para as actualizacións, non deberiamos quedarnos só nos 140.

Como vos podedes imaxinar estes son só uns pequenos consellos para iniciarnos. O mundo das redes sociais é complexo e está en constante cambio. Seguir estes consellos vai axudar a que a nosa marca se perciba dunha forma máis positiva, pero non son a única clave do éxito nas redes.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1