Como pasar de perfil a páxina en Facebook | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Como pasar de perfil a páxina en Facebook

Como pasar de perfil a páxina en Facebook
David Lamas
  • En Novembro 26, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Na rede social por excelencia (si, estamos a falar de Facebook) atopamos un sen fin de negocios, festivais, organizacións, equipos deportivos e profesionais de toda clase. Recén chegados a esta rede, aló polo 2007-08, os negocios comezaron a dar de alta o seu perfil, pasando despois a crear grupos abertos ou ás xa desaparecidas páxinas de fans (que lembranzas!). Co tempo, e a introducción de cambios nas políticas de Facebook, o uso do perfil de persoa fíxose máis estrito, reservando para os negocios e similares a fórmula da páxina.

Cando abrimos un perfil nesta rede queremos dar a coñecer o noso establecemento, a equipa ou blog, gañar visibilidade e aumentar o número de xente á que lle pode interesar o noso espazo. Na actualidade, atopamos negocios que, tras crear no seu momento un perfil de persoa co nome da empresa, decidiron crear unha páxina, mantendo os dous espazos activos. Outros decidiron manter o perfil ata o día de hoxe, e algúns mesmo teñen varias páxinas e un perfil. Todos eles cometen o mesmo erro: a política de Facebook considera que calquera perfil de persoa que non cumpra coas súas normas considerarase un perfil falso e, polo tanto, poderá ser eliminado.

Cal é a consecuencia de ter un perfil persoal cando son un negocio? Pois que calquera con mala sangue (pero con toda a razón) pode denunciar ese perfil a Facebook e a rede social procederá ao seu peche, se efectivamente non corresponde cunha persoa. Sen máis, quedamos sen a información, os contactos, as fotos, as mensaxes… sen nada, e todo por non seguir o noso consello:

Onde deberías ter clicado no primeiro momento

Onde deberíamos ter clicado dende o primeiro momento

Neste post non imos falar dos pros e contras de ter unha páxina de Facebook (diso xa nos ocupamos ao longo deste blog), só imos dar as claves para aforrar a incómoda situación de perder toda a nosa información.

O paso previo (e opcional) para levar a cabo a fusión é o de gardar toda a nosa información, xa que, ao migrar de perfil a páxina perderemos tódalas nosas fotos e mensaxes, para isto non temos máis que clicar aquí:

facebook

Clicamos en “Descargar unha copia” e seguimos adiante para ter o noso arquivo completo.

Unha vez que teñamos este primeiro punto finalizado, encamiñámonos a levar a cabo a migración de perfil a páxina seguindo estes pasos:

1. Accedemos a Facebook como o fixemos ata o de agora, co perfil que desexamos mudar

2. Unha vez que iniciamos a sesión, faremos clic nesta ligazón, e apareceranos a seguinte pantalla:

facebook33. Unha vez que escollamos a categoría á que pertence a nosa páxina (negocio local, grupo, causa…) só teremos que incluir os datos do noso negocio e clicar sobre “comezar”:

facebook4

Cando cheguemos a este punto, é posible que nos saia unha mensaxe coma esta: “Para garantir a seguridade da súa conta, por favor complete este proceso nun equipo que xa utilizara no pasado. Se isto non é posible, por favor póñase en contacto con atención ao cliente no Centro de asistencia“. A nosa experiencia neste punto obrigounos a ter que realizar este paso da migración sempre dende o ordenador do cliente para poder rematar o proceso.

Iso si, unha vez que o teñamos, este será o resultado final. No proceso de migración, a foto de perfil e a de portada manteranse:

facebook5

Os datos que gardamos anteriormente só os poderemos empregar se o que queremos é volver subir todo ese contido, pero en todo caso, non poderemos realizar unha recuperación inmediata de todo o que gardamos, senón que terá que ser progresiva. Ademais, tódolos teus amigos agora convertiranse en “gústames” ou fans, aumentando así o alcance das túas publicacións.

En vindeiros titoriais explicarémosvos cómo fusionar diferentes páxinas en Facebook, que tamén ten a súa miga. Se tedes dúbidas ou queredes suxerirnos algún titorial novo, facédeo nos comentarios:

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1