De que falamos cando nos referimos ao personal branding? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

De que falamos cando nos referimos ao personal branding?

De que falamos cando nos referimos ao personal branding?
Agos Reigosa
  • En Xaneiro 2, 2014
  • http://about.me/agos_reigosa

Antes de nada, queremos felicitarvos o novo ano a todos, agardando que cumprades os vosos propósitos para este 2014. Esperamos, tamén, que entre eles se atope mellorar o voso personal branding, ou como se diría no noso idioma, a vosa marca persoal. De seguro que tras escoitar isto o primeiro que vos pasa pola cabeza son preguntas como ¿que é a marca persoal?, ¿por que me debo preocupar diso?, ¿para que me sirve a min? A continuación tentamos contestar a todas estas cuestións da forma máis clara posible.

. ¿Que é a marca persoal?

Condensando en poucas palabras, podemos dicir que o personal branding consiste en considerarse a un mesmo unha marca e polo tanto traballar na nosa apariencia en redes desta forma, ao igual que o fan as grandes empresas. Esta idea debe ser correctamente deseñada, expresada, controlada e protexida para así diferenciarse. O personal branding basea o seu éxito na promoción persoal a través da percepción que o resto de persoas ten de nós.

. ¿Por que todos nos debemos preocupar disto?

Ata hai uns anos atopar información de alguén era complicado e laborioso. Hoxe en día, grazas a internet, é cuestión de segundos: abrir un navegador e buscar en Google o nome da persoa en cuestión para atopar información sobre ela, dende os seus perfís nas redes sociais ou calquera outra cousa. Debemos ser conscientes de que todo é información, incluso o feito de non aparecer nunha pesquisa de Google estará transmitindo unha mensaxe. Que a información que apareza sobre nós sexa a que nós queremos, unívoca e que transmita a mensaxe que pretendemos é parte fundamental do personal branding.

. ¿Para que me sirve a min?

Podemos pensar que isto non nos serve de nada, que non vai con nós porque non estamos á procura de emprego ou non temos un negocio propio, pero estaremos caendo nun erro. Quen procura na rede información sobre nós non son só as empresas nas que queremos traballar, tamén na que estamos traballando, os nosos amigos, inimigos, excompañeiros ou aínda máis importante, os nosos futuros contactos. Poida que quen estea buscando agora mesmo información sobre nós sexa alguén a quen nunca veremos en persoa pero que terá influencia sobre nós, a primeira impresión non lla daremos nós, daralla o noso perfil en internet.

Como pasa con todo, o personal branding non é algo que se poida modificar da noite á mañán; fan falla tempo e coñecementos para que este chegue a bo porto, pero si que é algo sobre o que podemos comezar a traballar neste ano que vén de comezar. Que mellor propósito, ¿verdade?

Deixa un comentario

UA-43720748-1