En que plataforma creo o blog da miña empresa? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

En que plataforma creo o blog da miña empresa?

En que plataforma creo o blog da miña empresa?
Agos Reigosa
  • En Outubro 29, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

Hai unhas semanas estudiabamos as diferentes opcións para darlle presenza na rede á nosa empresa, tales coma un blog ou unha web. Hoxe imos un paso máis aló e falamos de cinco alternativas para crear o noso blog sen complicarnos moito a vida:

  • Comezaremos falando da plataforma por excelencia, WordPress. Un sistema no que diferenciaremos dous sitios, o seu portal .com e a plataforma .org. Se falamos do portal .com estamos falando dun espazo freemium sinxelo e para todo o mundo onde poderemos ter o noso dominio .wordpress.com e acceder a un número limitado de themes. Evidentemente, se estamos interesados en utilizar o noso propio dominio ou en empregar un theme algo máis complexo e orixinal teremos que pasar por caixa. É por isto que dentro da mesma plataforma tamén temos a oportunidade de usar wordpress.org, un sistema máis complexo que require dun hosting propio pero que, a cambio, permite a modificación de calquera aspecto sen recargo, puidendo instalar así o theme que desexemos e modificar o dominio sen limitacións.
  • Continuando con servizos coñecidos teríamos Blogger, o servizo de blogging de Google (moi ao estilo de wordpress.com) que nos permite, dentro duns límites, crear un blog á nosa medida. Neste caso non estamos falando dun modelo freemium senón dun modelo de balde e algo limitado. Aquí poderemos modificar o dominio, que por defecto será .blogspot.com, a calquera que nós desexemos sen recargo pero seguiremos estando moito máis limitados que usando wordpress.org.
  • Menos coñecido, e recén chegado ao mundo tras pasar polo servizo de crowdfunding Kickstarter, está Ghost.org, un servizo de blog sumamente sinxelo e que chega ao mundo para recuperar a esencia dos principios de WordPress. Ghost é unha plataforma gratuíta, aberta e libre, que nos permite modificar canto queiramos (sempre que teñamos uns coñecementos básicos de programación). Polo de agora só podemos usar esta plataforma cun hosting propio, pero xa están a traballar para que non sexa necesario nun futuro próximo.
  • Tumblr, tamén é unha plataforma formidable para o blogging, malia que non sexa este o seu uso máis cotián. Recentemente adquirida por Yahoo (para terror dos seus usuarios “de sempre”), a súa sinxeleza para crear contido e para adaptar o espazo ás nosas necesidades son algunhas das súas claves. Bo exemplo disto é o blog de Yahoo ou o de Marissa Mayer.
  • E xa para rematar temos scriptogr.am, a sinxeleza no seu máximo exponente. Esta plataforma de blogging utiliza o noso dropbox como hosting para gardar os nosos artigos minimizándoo todo ao máximo. Permite o uso dun dominio propio e pequenas modificacións no código para aqueles que teñan coñecementos básicos de programación.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1