Facebook cambia de novo o algoritmo das Novas | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Facebook cambia de novo o algoritmo das Novas

Facebook cambia de novo o algoritmo das Novas
Antía Paz
  • En Decembro 4, 2013
  • http://about.me/antiapaz

Hoxe o blog de noticias de Facebook espertounos con novidades (si, outra vez): Desta volta, infórmannos de que veñen de cambiar de novo o algoritmo polo cal se nos amosan as Novas (do News Feed, é dicir, o espazo onde aparecen as publicacións e comentarios de tódolos nosos contactos e páxinas ás que seguimos). É dicir, isto:

News Feed en Facebook

Antes de nada, e como sabemos que para moitos de vós o concepto “algoritmo de Facebook” é novo, déixovos esta ligazón que, malia ser algo antiga, explica moi ben de qué estamos a falar. En resumidas contas, trátase da fórmula que emprega Facebook para darlle maior visibilidade a uns contidos sobre outros, e a algúns usuarios ou páxinas sobre os demais.

Coa modificación de hoxe, Facebook infórmanos de que dende agora os contidos con enlaces a novas, xornais, blogs, revistas e similar terán máis peso no noso fío de novas fronte aos memes (esas imaxes e gifs tan simpáticos) e ligazóns a contidos en formato imaxe ou vídeo que estean aloxados fóra de Facebook. Así, a información e artigos que teñan máis interaccións ou que sexan máis populares entre a nosa rede de amigos (isto é, que reciban máis “gústames” ou comentarios) amosaránsenos con maior prioridade fronte a outros contidos externos, se deixamos ao algoritmo funcionar pola súa conta (é dicir, se no fío de Novas seleccionamos “novas principais” en lugar de “máis recentes”).

manual ou automatico

Ollo, isto non quere dicir que dende agora Facebook vaia dar preferencia á información externa fronte a imaxes ou vídeos compartidos dentro da rede, senón que os contidos como información, artigos, posts en blogs e similares que estean aloxados fóra desta rede social terán máis peso que as imaxes e vídeos que tamén teñan a súa orixe fóra de Facebook.

Ademais, dende agora, cando interactuemos cunha nova externa que teña relevancia, Facebook suxeriranos contidos similares que podemos ler a continuación. Esta opción, chamada “Facebook FYI” (For your information -para a túa información-), aparecerá non só nos contidos compartidos dende páxinas, senón tamén entre os dos usuarios. Deste xeito, Facebook quere volver chamar a atención dos usuarios que fuxen dela por considerala banal e repetitiva. Favorecer o contido de calidade e tentar recuperar a todos aqueles que a van abandoando por considerala pouco interesante parece unha aposta gañadora. Agora só queda agardar para comprobar se o público adulto decide manter a súa presenza nesta rede ou emigra a novos espazos, coma fixo ao longo deste ano o público xuvenil.

 

Deixa un comentario

UA-43720748-1