Falemos sobre Google | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Falemos sobre Google

Falemos sobre Google
Agos Reigosa
  • En Xaneiro 9, 2014
  • http://about.me/agos_reigosa

Non é equivocado dicir que para unha ampla maioría dos usuarios de internet, Google e a rede son sinónimos. Todo o que saben é que cando abren o navegador o primeiro que lles aparece é Google co seu doodle, e a través dese pequeno cadro de búsqueda poden chegar a calquera outro punto da rede. Para nós, que estamos na rede e queremos que nos atopen, Google é un arma de dobre fío: pode ser o noso mellor aliado ou o peor dos inimigos.

O primeiro que temos que entender, malia que soe obvio, é que Google é unha empresa, unha empresa moi grande e con moitísimos servizos que usan millóns de persoas a cotío: Drive, Maps, Google+, Gmail, Youtube… e como gran coñecido e primeira pedra do imperio está o buscador, un buscador usado por millóns de persoas de forma diaria para as que, como vos comentaba, Google é sinónimo de internet. Cando falamos de SEO ou SEM sempre o facemos dende o punto de vista do buscador: así, é moi interesante saber “botarlle unha man” a Google para que nos indexe canto antes, e que a través das axudas que lle procuramos nos poña na mellor posición posible cando alguén procura unha das palabras claves que nos interesan. Isto, tan sinxelo e á vez tan complexo, é o que se coñece coma técnicas SEO.

Non aparecer en Google é un erro grave, xa que aos usuarios que aínda non coñecen a nosa marca resultaralles practicamente imposible atoparnos. Depender de empresas coma Google para chegar ao público obxetivo é sempre algo arriscado, non especialmente barato e para nada unha ciencia exacta. Non esquezamos que o gran buscador non está aquí para axudarnos, está aquí para facer cartos, coma calquera outra empresa. Se invertimos tempo e/ou cartos, Google convertirase nun gran aliado á hora de facer medrar a nosa imaxe na rede, pero se ao contrario non traballamos con el, non nos atopa ou “non quere” atoparnos, Google convertirase no noso peor pesadelo.

Dende Ganapán procuramos traballar sempre da man de Google e por iso mesmo sabemos que o tempo e a paciencia, cando non hai cartos, son os nosos grandes aliados na procura do posicionamento. Por iso promovemos o traballo feito con coñecementos, sen trucos e sempre coa vista posta a medio prazo para comezar a recoller os resultados.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1