Formación en redes sociais, SEO, web e demais familia | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Formación en redes sociais, SEO, web e demais familia

Formación en redes sociais, SEO, web e demais familia
Antía Paz
  • En Maio 19, 2014
  • http://about.me/antiapaz

En Ganapán ultimamente estamos que non paramos (grazas!), confirmando algo que viñamos comentando entre nós nestes últimos tempos. A nosa actividade destes meses está a darlle a razón aos que opinan que o Community Management externo tende a desaparecer en favor doutras fórmulas máis eficientes. Así, cada vez son máis as empresas, negocios e asociacións que se poñen en contacto con nós para solicitar formación sobre temas puntuais (para desenvolvelos pola súa conta). Nós cremos, visto o visto, que esta é a mellor fórmula e a que garantirá o éxito dunha estratexia a medio-longo prazo.

Cómpre destacar que non todo o mundo ten os coñecementos técnicos, a habilidade e o tempo para deterse a analizar o seu posicionamento, estudar os obxectivos que quere cumprir, desenvolver unha estratexia de contidos e levala a cabo con constancia. Todos e cada un destes puntos son externalizables e poden ser xestionados por profesionais alleos á marca, mais nós cremos que unha fórmula a medio camiño é unha vía perfecta. Para nós é moi importante que o noso cliente (que cada un de vós) entenda como funcionan as redes sociais, para que serve o SEO, canto custa unha estratexia SEM ben optimizada, como mellora un blog a imaxe da marca e de que xeito podemos convertir os nosos espazos en puntos de atención ao cliente eficaces.

Para iso, en Ganapán decidimos lanzarnos á formación, tanto individual como para grupos, e polo momento o público está a responder de xeito moi satisfactorio. Cremos que o principal, lanzar a vosa mensaxe á rede, é algo que debedes facer vós. Porque, coma levamos dicindo dende o comezo, poucos coñecerán tan ben o voso coma vós mesmos. Por iso preparamos formacións de todo tipo, en función das necesidades de cada un, para que sexades capaces de crear unha estratexia Social Media diferenciadora, montar unha web sen deixarvos un ollo da cara, crear contidos para o voso blog, dar de alta os espazos nas redes, crear unha tenda online, facer inversión en publicidade na rede, optimizar o SEO dun espazo… téndonos a nós de man sempre para todo aquilo que non sexades quen de facer.

Dito isto, queremos abrir a man e probar novos formatos máis aló do presencial: levamos tempo falando da posibilidade de empregar Hangouts para formar vía online a usuarios, dun xeito moi cómodo e práctico para aqueles que non poden desprazarse ou teñen horarios non “habituais”. Se vos parece interesante esta idea, podedes porvos en contacto con nós no 986164766, a través do blog e as redes ou no info[@]ganapan.com

Deixa un comentario

UA-43720748-1