Ganapán entrevista a Agos Reigosa | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

6 Comentarios

Ganapán entrevista a Agos Reigosa

Ganapán entrevista a Agos Reigosa
Ganapán Comunicación

Estes días queremos que vaiades sabendo un pouco máis de nós: como chegamos ata aquí, cales son as cousas do online que máis nos gustan (e cales as que menos) e algunha que outra curiosidade sobre os tres membros fundacionais de Ganapán Comunicación, así que elaboramos un cuestionario cruzado co que nos entrevistamos os uns aos outros. Hoxe comezamos David Lamas e Antía Paz entrevistando a Agos Reigosa, o noso Director de Contidos:

Antía: -De tódalas redes sociais nas que estás agora mesmo en activo, cal é a que máis empregas? e a que menos? Por algún motivo?
Agos: -De todas tería que facerlle unha mención especial a dúas, no primeiro lugar a twitter e no segundo a foursquare. A primeira úsoa principalmente polo sinxela e directa ao contido que é, ademais é case instantánea e pode chegar a moita información dende o móbil sen demasiado esforzo. Sumado a todo esto está o feito de que é para o que é: mensaxes de 140 caracteres, polo que nunca te vas atopar xogos como en facebook ou cousas similares.
Polo outro lado está foursquare, empecei nela a modo de simple xogo reforzado polo seu sistema de puntuacións pero agora xa é fundamental no meu día a día, xa non só como cotilleo, que tamén, senón para descubrir novos sitios, coñecer que pensa a xente sobre eles, cal é o contrasinal, ver imaxes do lugar e saber os seus horarios. Outros dos factores que fixo que me namorara desta aplicación foi coñecer ao seu CEO en Barcelona, poder falar uns intres cunha persoa preocupada polo que pensa a xente sobre unha aplicación e que tenta mellorala día a día foi unha das mellores cousas que me podían pasar.

Antía: -Comeza o día, agarras o móbil, cal é a primeira app que abres?
Agos: -Non existe unha app, o meu proceso ao levantarme soe ser sacarlle o modo silencio ao iPhone e mirar que ocorreu pola noite, mails, twitter, etc. Pero se tivera que quedar con unha esa sería sen dúbida o twitter e o meu proceso de lectura do timeline, unha cita á que nun falto.

Antía: -Lembras algunha campaña en Social Media que che gustase ou sorprendese especialmente? e algunha que te horrorizase?
Agos: -Non teño lembranzas de ningunha en especial, nin para ben nin para mal. Recentemente gústame o que están facendo dende instagram, que fixan un hashtag para as fins de semanas, logo deixan voar a imaxinación dos seus usuarios e saen cousas moi fermosas.

Antía: -Todos procedemos do mundo blogger e acumulamos xa algunhas anécdotas: cal foi a túa peor experiencia? hai algún contido do que te sintas especialmente orgulloso?
Agos: -Penso que en todo este tempo non houbo unha mala experiencia, si que houbo momentos nos que non me sentín de todo ben, lembro con especial horror a vez que ao pouco de comezar a traballar na Mac-eira uns dos lectores nos escribiu un mail bastante crítico pero ben fundamentado, foi un momento bastante malo porque sen dúbida un emprega horas e tempo no que fai agardando que sexa de agrado para todo o mundo. Límolo con calma e como non lle faltaba razón tentamos axustarnos ao que nos pedía, debimos de facelo ben porque nunca nos volveu chegar un así.
Polo outro lado, polo das boas experiencias, gardo a do MWC do 2012, para min foi algo incrible poder asistir como xornalista por escribir nun blog sobre tecnoloxía en galego. Ás veces os primeiros que nos menospreciamos somos nós mesmos, pensamos que o que facemos non ten valor ou non lle importa a ninguén. Asistir en Barcelona a un acto de este nivel e poder relacionarme con xente de todo o mundo e incluso poder coñecer a algún que outro CEO escribindo un blog en galego foi e será para min unha da miñas maiores alegrías.

Antía: -Unha experiencia/recordo/anécdota relacionada coa comunicación online… 
Agos: -A mellor experienza que tiven foi sen dúbida cando tras moitos anos sen saber un do outro me reencontrei con Iago Varela, editor de Mallando no Android, vía facebook. Coñecedes a típica expresión de que o mundo é un pano? Pois foi así, só que na rede, el xunto con Luís P. Castelo e Vítor Vazquez levaban xa un tempo traballando nun proxecto chamado Mallando, a partir de saber que era el o que andaba detras e de algunhas mensaxes en facebook puxémonos de novo en contacto e a partir de aí Vencello, algo do que estou moi orgulloso, pois aínda que non fose un éxito si que nos serviu para chegar ata onde estamos agora.

David: -Que botas de menos, e que de sobra, das axencias de Social Media que coñeces, que fan, que o noso proxecto se diferencie destas?
Agos: -As axencias de Social Media son algo relativamente novedoso no mercado, a súa existencia non é algo co que moitos de nós nacéramos, ao igual que non o son as redes sociais ou moitas outras cousas que nos rodean. Aínda así todo o mundo quere estar e formar parte delas, o problema é que a maioría de axencias actuais se dirixen a un público xa maduro e coas ideas clara sobre o seu futuro nas redes sociais e isto cando a información e o coñecemento sobre as mesma non está extendido pode, e en moitos casos é un problema.
Ganapán diferenzase ocupando esa fenda, dirixíndonos ao pequeno comerciante que quere estar en facebook porque os seus clientes tamén están alí, e explicándolle dende cero como facer, que facer e cando facelo. Nos seus comezos o social media estaba dirixido a grandes entes, agora, coa súa normalización, chega a todo o mundo e esa é a nosa principal baza, ser os primeiros en dar ese paso.

David: -Atopamos, infinidade de veces, que son os propios usuarios os que crean espazos para as súas tendas e negocios favoritos. Cres na irremediable presenza dos negocios nas redes sociais, ou que poden seguir empregando medios offline?
Agos: -Un erro común é pensar que se non temos un perfil de facebook ou unha conta en twitter é como se non existísemos en internet, pero o certo é que no momento que alguén fala sobre ti ou a túa tenda en internet, xa sexa nunha rede social, nun blog ou en calquer outro formato xa pasas a formar parte deste mundo.
O que realmente temos que pensar se temos un negocio non é se queremos ou non estar, senón se queremos ter control e posibilidade de resposta ou se nos imos manter ao marxe.

David: -Ata que punto cres que unha custosa campaña pode mellorar un produto que non o merece por calidade?
Agos: -Os clientes non son tontos, esto temos que telo claro sempre. Podes pagar a mellor campaña  publicitaria do mundo que se o produto non é bo non se venderá, si, pode que coa campaña vendas algunha unidade máis que sen ela, pero iso ante un produto de mala calidade suporá un maior número de persoas falando mal sobre el, e por riba sentíndose enganadas. Todas as empresas teñen os seus puntos fortes, todas, senón non existirían, o complicado é saber atopalo e explotalo. Saber que é o mellor e o peor de nós é o primeiro paso para unha campaña exitosa.

David: -Cinco motivos polos que renegades de Android frente IOS? (e non vale dicir “porque si”)
Agos: -Podería estar horas dando motivos: deseño, integración, facilidade de uso… Por non falar de que Android son moitísimos dispositivos, pode que unha app funcione ás mil marabillas nun dispositivo e vaia fatal no do lado, podes mercar un terminal hoxe e que mañá xa non se actualice. Cun iPhone todo é moito máis doado e se por riba tes un mac a cousa é incriblemente doada. E si, evidentemente hai un pouco de amor pola historia da compañía, polo que a persoa de Steve Jobs supón e o que unha empresa como Apple representa, non nos imos enganar.

David: -Vós que sodes de Apple, a que cheiran as clouds?
Agos: -Nunca fun capaz de pensar nun cheiro para elas, é o que ten ser moi racional, a cor branca nunca me evocou un cheiro e en canto souben o que eran realmente a idea de pensar nun cheiro para elas xa se esgotou por completo.

Comentarios

  1. xabierviana

    cito: 
    “pode que unha app funcione ás mil marabillas nun dispositivo e vaia fatal no do lado, podes mercar un terminal hoxe e que mañá xa non se actualice” (fin da cita)
    Xa. Como no Ipad. Probaches a actualizar o app de Youtube nun Ipad1? Ah! Que pena! Xa non podes actualizar o teu sistema! Ooooooh! (Jobs, antes molabas)

    • Conste o primeiro de todo que non é a miña intención entrar a debates sobre Android e iOS porque cada un elixe o que máis lle gusta iso é o que debe importar.
      Dito isto coméntoche que falo con coñecemento, fun usuario de Android cun Galaxy S e cunha Samsung Galaxy Tab 10.1 e de Windows Phone cun Lumia 800, non son moito de criticar sen probar, saber ou contrastar. Como non podía ser de outra forma na miña casa hai un iPad, un iPad orixinal que foi presentado como saberás en xaneiro do 2010, uns 9 meses antes de que a primeira tableta por parte de Android vira a luz e máis de un ano antes de que Honeycomb fora presentado. Se non me trabuco a Samsun Galaxy Tab nunca chegou a soportar Honeycomb, é dicir tivo uns 4 meses de vida actualizada, mentres que o iPad mantívose actualizado ata setembro do 2012 cando se presentou a versión 6.0 de iOS.
      Que un aparello se actualice ou non non fai que sexa mellor ou peor, cando o mercas mercalo polo que é non polo que pode ou non chegar a ser, o que a min non me gusta é mercalo sabendo que ten x versión pero que esa non sexa a mesma do aparello do lado, ou non todo vaia igual de ben.

      • xabierviana

        Tes toda a razón Agos Reigosa: os debates sobre SO rara vez rematan e poucas veces chegan a parte algunha.
        Ao único que me refería era a unha “inexactitude” textual porque “un terminal (….) que non se actualice” é algo que se pode aplicar perfectamente -e por desgraza cada vez máis frecuentemente- a un dispositivo Apple. Nin por asomo penso que iso non ocorra nos dispostivos Android.

Deixa un comentario

UA-43720748-1