Ganapán entrevista a David Lamas | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Ganapán entrevista a David Lamas

Ganapán entrevista a David Lamas
Ganapán Comunicación

Seguindo coas entrevistas de Ganapán, hoxe tócanos pór baixo a luz do flexo a David Lamas, o noso Director de contas, e facelo pasar pola nosa… Entrevista Ganapán:

Antía: -De tódalas redes sociais nas que estás agora mesmo en activo, cal é a que máis empregas? e a que menos? Por algún motivo?
David: -Son moi de abrir contas en redes sociais que despois non emprego. Tiven ata 12 fotologs, un detrás do outro foron pechados polo encantador equipo de esta rede. Cando abrín a conta en twitter, no 2009, non a empregaba moito ata que me empezou a seguir Yoko Ono (devolvía o follow!) e dende aquela, esta é a rede que emprego con máis asiduidade, aínda que me encanta documentar as queixas con foto en foursquare. Das que menos emprego, pero ten o seu oco no meu corazonciño, está o myspace que abrín polo 2006, e alí quedou.

Antía: -Comeza o día, agarras o móbil, cal é a primeira app que abres?
David: -Pois todo depende de qué avisos teña. Cando me ergo teño como uns 3 correos electrónicos sen ler, algunha conversa solta de whatsapp no grupo familiar e case nunca interaccións en twitter, que emprego para ler os TT’s e así saber a que aterme antes de sacar o pé da cama.

Antía: -Lembras algunha campaña en Social Media que che gustase ou sorprendese especialmente? e algunha que te horrorizase?
David: -A verdade é que a exposición, ou sobreestímulo que recibo cada día faime incapaz de lembrar algo máis de 20 minutos, a non ser que o teña apuntado. Para min é un esforzo sobrehumán lembrar unha campaña, pero se me quedase con unha, sería a dunha óptica, cómo conseguiu cunha simple imaxe crear con un custo baixo unha campaña que se convertiu en viral. Tamén son moi fan das campañas de Titubear.
Vendo o meu timeline podería nomear 300 campañas que non me gustan! Por exemplo, a de Estrella Galicia, que me ten escandalosamente aburrido. Funcionou? Un tempo, pero agora é tediosa e repetitiva.

Antía: -Todos procedemos do mundo blogger e todos acumulamos xa algunhas anécdotas: cal foi a túa peor experiencia? hai algún contido do que te sintas especialmente orgulloso?
David: -Só unha anécdota que é unha parvada, pero dende sempre sigo o blog de Àlex Magicpop, un xornalista musical catalán,  e el seguía o meu. Unha vez lembrouse de min nunha entrevista da radio e estiven tres días cheíño de emoción, ata chorei un pouco.

Antía: -Unha experiencia/lembranza/anécdota relacionada coa comunicación online… 
David: -Encántame a sorna da xente e cando sumamos esta ás reseñas das apps do Market de Android podería estar falando horas.

Agos: -Os blogs son unha das mellores formas de expresarse na rede, cal foi o primeiro blog ao que vos afeccionástedes e porque?
David: -Como xa dixen, o anterior proxecto en catalán de Àlex Magicpop, tamén o de Kiko Amat , nel, aínda que en outro idioma, me sentía representado, foi como abrir os ollos e aprender.

Agos: -Hoxe en día podemos atopar un sinfín de servizos na rede, para escoitar música, para escribir… Cal é o voso preferido ou o que máis usades e como chegastes a el?
David: -A verdade é que boto de menos un xestor de proxectos de balde que funcione á perfección, que sexa bonito… que demos! boto de menos basecamp.

Agos: -De seguro que despois de tantos anos no Social Media e entre empresas xa tedes algunha favorita ou que vos guste como traballa neste eido, cal é?
David: -Non podería dicir unha, todas teñen algo que me fai botarme atrás… As boas e as malas prácticas van da man e claro que contan con bos resultados, pero tamén con outros malos. E nin un nin os outros se fan públicos quedando estes supeditados ao que as campañas realmente sexan.

Agos: -Con Ganapán tentamos axudar aos negocios a moverse nas redes sociais con soltura e sen meter moito o zoco, cal é o que se puidérades elixir vos gustaría asesorar?
David: -Un negocio? Calquera nestes momentos precisa dun servizo de comunicación. Non todos teñen as mesmas necesidades, pero deberían pedirche nos estatutos de creación ou contrato na Xunta presentar unha fanpage e unha conta en twitter…

Agos: -Para acabar, a pregunta máis complicada de todas: como chegastedes aquí? que decisión tomada fai moitos anos vos fixo estar hoxe en Ganapán?
David: -Sinxelo, tiven a idea de crear un blog de música no 2009, sempre en galego, que medrou e me deu a oportunidade de atopar traballo. Foi un tempo no que aprendín e non deixo de facelo.

Deixa un comentario

UA-43720748-1