Ganapán no Culturgal! | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Ganapán no Culturgal!

Ganapán no Culturgal!
Ganapán Comunicación

Os vindeiros 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, celébrase o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia no Pazo da Cultura de Pontevedra. E como non podía ser doutro xeito, Ganapán Comunicación estará alí presente, con todo o equipo.

Cada un dos tres días que se celebra o Culturgal, de venres a domingo e de 19h30 a 20h, teredes a oportunidade de visitarnos nun stand da feira onde vos ofreceremos asesoramento.  En que vai consistir?  “Ganapán Exprés: Asesoramento Instantáneo” é o noso proxecto para o Culturgal. Alí, ao estilo das citas exprés das películas, sentados os tres á mesa cun temporizador, ofreceremos asesoramento aos interesados en recibilo, en 5 minutos por quenda. Deste xeito, proporcionaremos unhas pautas a seguir para que os negocios, artistas, creadores atopen as vías correctas para darse a coñecer a través do marketing online sen deixarse un ollo da cara no intento.

“Ganapán Express: Asesoramento Instantáneo” estará formado polos tres: Agos, Antía e David. Cada un de nós está especializado nun eido diferente, que complementa aos demais. Así, poderemos ofrecervos asesoramento en Social Media, iniciativas en redes sociais de masas e en redes sociais de nicho; en contidos, como creación de blogs e webs; ou en estratexias de envío de mailing e boletíns informativos para dar maior difusión ás súas novas e chegar de xeito sinxelo e rápido ao público obxectivo.

Cremos que deste xeito podemos chegar a dar resposta a algunhas das necesidades máis urxentes (no eido da comunicación) das empresas e creadores presentes no Culturgal, pero tamén de tódolos que pasedes por alí e queirades pedirnos consello. Estaremos encantados de volver vervos as caras e de poder axudarvos. Se queredes, para evitar quedarvos sen quenda, podedes reservar unha cita con nós a través deste post ou póndovos en contacto nos nosos espazos nas redes sociais.  ¡Vémonos no Culturgal!

Comentarios

  1. Auri

    ola! estaría interesada en recibir asesoramento express!

    • Ola!
      Pásate hoxe ás sete e media e somos todos teus!

Deixa un comentario

UA-43720748-1