Gmail amosará o contido externo por defecto | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Gmail amosará o contido externo por defecto

Gmail amosará o contido externo por defecto
David Lamas
  • En Decembro 13, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Google acaba de lanzar unha sorpresa: dende agora as imaxes externas nos mails recibidos amosaranse por defecto. Esta nova actualización trae consigo unha morea de reaccións positivas e negativas.

gmail

Ata o de agora, Gmail bloqueaba automaticamente as imaxes nos correos por varios motivos: tanto por seguridade, privacidade (no caso de que se introduza un píxel ou beacon), ou polo peso das imaxes incluidas no propio correo. Non é a primeira vez que eliminamos emails nos que figuran ata oito imaxes con un tamaño excesivo…

A nova actualización de Gmail ten un efecto positivo para nós como profesionais: os nosos correos amosaranse aos usuarios coas súas correspondentes imaxes. Isto quere dicir que na primeira apertura o receptor terá unha imaxe completa de todo o corpo do noso envío.

Polo tanto, o usuario deixará de ver os nosos boletíns así:

Sin título

 Para pasar a recibilos así:

Sin título

Pero cal é o aspecto negativo desta nova actualización? Por un lado, os nosos usuarios recibirán estas imaxes, abrirán o correo sen necesidade de premer no botón “Non podo visualizar esta mensaxe”. Isto provocará que aumenten as túas métricas de lectura, cunha contrapartida: Gmail descargará, analizará e gardará estas imaxes e non as solicitará ao servidor de orixe, fará a súa propia caché da mensaxe provocando que por cada vez que abras o correo non se xere unha nova apertura, senón que o servidor de correo de Google creará a súa propia versión do teu envío sen recurrir unha e outra vez ao servidor emisor.

Polo tanto, se ben aumentamos a taxa de apertura pola mellora na visualización dos correos, a perda de información sobre as interaccións dos usuarios sobre os nosos envíos mermará a análise dos nosos contidos.

O noso consello é que mellores a partir de agora os teus envíos: xogas coa baza de que a configuración por defecto (que o usuario normal nunca modifica) será a que prima as imaxes. Traballa nas túas creatividades e fai dos teus envíos o máis atractivo posible, que os usuarios que antes non entraban polos ollos o fagan agora.

Deixa un comentario

UA-43720748-1