O pequeno comercio e as redes sociais | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

6 Comentarios

O pequeno comercio e as redes sociais

O pequeno comercio e as redes sociais
David Lamas
  • En Setembro 3, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Traballar co pequeno comercio nas redes sociais a cotío pode resultar un exercicio de paciencia. A experiencia dinos que existen certos aspectos comúns nas PEMES galegas: Falamos de algúns pequenos obstáculos que nalgunhas situacións se repiten.

Antes de pornos en contacto cun cliente, é recomendable facer unha análise da súa actividade (para familiarizarnos co sector), así como da súa presenza e a da competencia local. Deste xeito, cando o comerciante nos lance a gran pregunta, esa que di: -”¿Para que me serven as redes sociais se son un panadeiro/perruqueiro/zapateiro?” poidamos contestar non só con argumentos, senón con datos: os teus clientes están alí. Os teus competidores, tamén.

Debemos estar preparados para responder a outra das grandes falacias do Social Media: -“Se teño unha páxina en Facebook ou un perfil en Twitter, ¿vou ter o meu negocio ateigado de xente? E nese caso, ¿esas visitas traduciranse en euros no meu peto?”. A resposta que a experiencia nos dá é que non. A visibilidade na rede non é sinónimo de beneficios cortoplacistas. Esta sírvenos para darnos a coñecer e, mediante unha boa estratexia de comunicación, chegar ao público que anda pola rúa sen saber da nosa existencia.

Se conseguimos chegar ata aquí, será moi probable que escoitemos ese manido -“Pero iso pódeo facer o meu fillo, que ten Facebook… dende a casa”. Neste punto, nós tiramos da experiencia: Son moitos os anos que levamos facendo este traballo, e moitos os retos ás nosas costas neste campo polo que, sen desmerecer o traballo do fillo de ninguén, pensamos que nós sabemos un chisco máis.

Escaparate Moitas veces o descoñecemento ou a inexperiencia fan o resto. Neste tempo témonos atopado coas seguintes situacións:

  • Moitos comercios dispoñen xa de contas de correo para contacto. O problema vén cando se trata de contas persoais creadas en Gmail, Yahoo ou no peor dos casos, Terra. Esta vía de comunicación é moi común, pero unha conta sen dominio propio dá certa sensación de deixadez e pouca profesionalidade e pode ser, chegado o caso, facilmente suplantable.
  • A estas alturas a presenza en redes sociais do pequeno comercio xa é notable en Galicia, pero non todo o profesional que debera ser. Así, cunha busca simple podemos atopar conatos de actividade nas redes sociais que acaban converténdose en erros: perfís de usuario co nome dun local en Facebook, contas de Twitter con perfil pechado, respostas fóra de ton a comentarios de clientes insatisfeitos, e poderiamos seguir…
  • Se nos atopamos cun usuario con nocións de Social Media, moitas veces ao que nos temos que afrontar é a unha estratexia de comunicación pouco definida ou inexistente. Isto é: usuarios que saturan á súa audiencia con innumerables actualizacións ao longo do día, ou contas de negocios que levan sen actualizar meses, dando sensación de abandono.
  • O último punto a resaltar é que sempre hai que facer fincapé na seguinte frase, repetíndoa coma un mantra: “O Social Media non é un milagre. As redes sociais son unha ferramenta elemental a estas alturas para darnos a coñecer. Pero estar nas redes é coma atender ao cliente con agarimo, ter un escaparate coidado, uns orixinais rótulos de promocións ou contar cun producto excepcional: axuda, pero non é infalible.

Seríamos moi críticos se rematásemos este post quedándonos cos erros máis frecuentes. O punto que máis nos gusta de traballar co pequeno comercio é conseguir empaparnos del, traballar con cada negocio coma se fose noso tamén, atender as dúbidas, comentar as novidades e, man a man, loitar por conseguir que o éxito da perruquería, bar ou mercería sexa tamén parte do noso traballo.

Comentarios

  1. Igor

    Muy buenos artículos, me cuesta un poco la traducción ;) pero la verdad son muy interesantes. Está claro que la presencia en la red es vuestra especialidad, y en lo que os centrais. ¿Pero que opinais de la acción local? No me refiero a repartir panfletos en la puerta del metro, sino a implicarse en tu barrio, actuar encosas como patrocinio de eventos deportivos o concursos o en la mejora de alguna instalación o parque. ¿Vale la pena la inversión para un pequeño negocio? ¿O son acciones que son solo gratificantes pero sin rentabilidad económica real?

    • Ola Igor, contéstoche en castelán:

      Llevar a cabo iniciativas como único negocio es una apuesta arriesgada.Te recomendamos buscar el asociacionismo con el barrio, los locales de la zona, entre muchos la apuesta puede ser mayor y no supone tanto riesgo ya que compartiréis vuestros esfuerzos ganando visibilidad, mejorando la marca y el propio barrio. En Galicia existen ejemplos de empresas que participan con universidades otorgando premios y becas al mejor expediente universitario o subvencionando el desarollo de proyectos. Incluso realizando rastrillos, eventos una vez al mes o actividades…

      Dedicaremos un post a este tema, ya que es muy interesante.

      Gracias por pasarte

Deixa un comentario

UA-43720748-1