O tamaño das imaxes nas redes sociais: Facebook e Twitter | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

O tamaño das imaxes nas redes sociais: Facebook e Twitter

O tamaño das imaxes nas redes sociais: Facebook e Twitter
David Lamas
  • En Decembro 10, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Sempre que queremos abrir un espazo nas redes sociais debemos ter a man imaxes coas que traballar. Non nos referimos só a aquelas coas que imos actualizar as redes a cotío, tamén ás imaxes corporativas, as que conforman a nosa marca. Velaquí o tamaño indicado de cada unha das imaxes imprescindibles para a personalización da nosa páxina en Facebook e perfil en Twitter:

facebook1

  • Páxina en Facebook

Como vos indicamos, o tamaño da imaxe de portada é de 851×315 píxeles. A imaxe que subas debe ter alomenos 399 píxeles de ancho e 150 píxeles de alto. A foto de perfil é de 180×180 píxeles (recomendamos empregar unha imaxe cadrada). No caso de ter algunha pestana ou aplicación na nosa páxina de Facebook, as imaxes para a miniatura do acceso deben ter 111x74px.

  • Publicacións en Facebook:

Imaxes: 404×404 px. Non debemos preocuparnos se as nosas publicacións superan esta medida, Facebook redimensiona esta imaxe de forma automática. Pero se as nosas imaxes ou fotos a compartir non chegan a esta medida, a calidade da publicación non será óptima.

facebook2

Se marcamos como destacada unha publicación, ofreceremos unha visión panorámica da mesma, ocupando todo o ancho da páxina. Para conseguilo, tan só debemos facer clic na frecha que apunta cara abaixo e escollendo a estrela  . O tamaño mínimo desta imaxe para a súa correcta visualización será de 843×403 px:

facebook3

  • Perfil en Twitter:

Para comezar a nosa andaina en Twitter precisamos tres imaxes para editar o perfil, por un lado necesitaros a imaxe de perfil e imaxe de portada:

Sin título

A imaxe de perfil ten que ter que ser cadrada, as súas proporcións son de 81x81px e a imaxe de cabeceira (a que figura trala foto de perfil) debe ter un tamaño de  520x260px. O fondo do noso perfil tamén é personalizable. Twitter ofrécenos unha serie de fondos predefinidos, pero tamén podemos subir un que escollamos, cunhas dimensións de 2000x1200px. As imaxes que compartamos nesta rede deberán ter un tamaño mínimo de 375x375px para a súa correcta visualización:

Sin título

Coma no caso de Facebook, Twitter redimensiona as imaxes que compartimos, no caso de ser máis grandes, ata tamaño desexado (cunha limitación de peso de 3Mb). Coa nova actualización, estas imaxes poden previsualizarse no noso timeline, pero non a tamaño completo, senón a súa parte central.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1