Obradoiros Ganapán para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Obradoiros Ganapán para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Obradoiros Ganapán para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Antía Paz
  • En Abril 28, 2014
  • http://about.me/antiapaz

Continuando co noso afán didáctico, dende Ganapán Comunicación imos impartir tres obradoiros para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ao longo do mes de maio, que se levarán a cabo en Vigo, Santiago e Coruña os días 9, 12 e 15 respectivamente, cunha duración de catro horas cada un. Agostiño e Antía serán os encargados da formación.

Actrices e Actores na Rede: Como aproveitar os recursos que ofrece internet para darnos a coñecer e difundir o noso traballo eficazmente.

Obxectivos: 
Catro horas de formación para todos aqueles usuarios da rede que queren saber como sacarlle partido a nivel profesional. A intención do curso é que o usuario perda o medo a internet e ás redes sociais e aprenda a manexar os recursos que, de balde, están ao seu dispor para se autopromocionar.
As redes sociais, os diferentes formatos nos que dar a coñecer o noso traballo, os blogs, videoblogs, podcasts e as diferentes ferramentas para medir a nosa pegada na rede serán os eixos en torno aos que xire este curso.

Programa
1. Internet e as redes
1.1. Repaso a puntos importantes. Repasamos algúns puntos importantes sobre internet e as redes sociais que todos debemos ter claros, coma o seu correcto uso e configuración, tanto para garantir a privacidade de quen a usa coma a pegada que deixan os nosos contidos.
1.2. Personal Branding
1.2.1. A nosa marca Os principios para definir a nosa marca persoal: Como deben ser, que información facer pública, onde estar presente, que contidos, vías para obter seguidores.
1.3. Dominio Propio (mail, web,…)
1.3.1. Aumentar o valor da nosa marca persoal. Diferentes plataformas dende as que podemos realizalo e o seu custo.

2. Redes socias
2.1. Twitter | Facebook | Google+
2.1.1. O seu correcto uso e configuración, respondendo ás dúbidas que poidan xurdir e aclarando conceptos e cambios que sufren estas redes. Como “ler” os resultados nestes espazos.
2.2. LinkedIn 
2.2.1. A importancia de formar parte dela e como se debe usar e configurar para uso persoal ou dunha empresa, produtora ou compañía.
2.3. Redes de Nicho e Novas Redes 
2.3.1. Que son as redes de nicho? Cales son as redes de nicho para o mundo dos actores e o espectáculo? Neste apartado analizaremos as redes principais, e ver como usar o CV na rede e as diferentes vías para ter acceso a noticias do sector.
2.3.2. Novos espazos e plataformas para reforzar a nosa presenza na rede.
2.4. Uso correcto 
2.4.1. As normas de uso común, a forma de atallar posibles crises de reputación, como contestar aos usuarios e número de horas que debemos adicar.

3. Blogs/Vlogs
3.1. Formación básica. Falaremos de qué son, para que serven, cómo se deben utilizar.
3.2. Plataformas e contidos. Como son, que as diferencia, canto custan e onde debemos crear o noso lugar na rede. Outras redes audiovisuais.

4. Publicidade na rede, ferramentas e custos

5. Dúbidas, cuestións, preguntas…

Os lugares onde se van celebrar son os seguintes:
Vigo: 9 de Maio de 2014, venres, de 16:30h a 20:30 h. Sé de AJEGalicia (Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia). Rúa Príncipe, 53 – 1º, 36203, Vigo.
Santiago: 12 de Maio de 2014, luns, de 16:00h a 20:00 h. Sé da AAAG, Rúa das Hedras, 6 ,nivel 0 local i Pol. Novo Milladoiro, 15895, Ames
A Coruña: 15 de Maio de 2014, xoves, de 16:30h a 21 h. Casa Museo Casares Quiroga, Rúa Panadeiras 12. 15001 A Coruña.

Prezo:
10 euros: Socios AAAG
25 euros: Non socios

Necesidades:
Debes vir co teu trebello informático.

Inscrición:
Do 21 ao 29 de Abril ás 15.00 h, cun CV a info@aaag.es ou a través da páxina web da AAAG.

Prazas e selección de candidatos:
Estes obradoiro teñen 15 prazas cada un. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia @s asociad@s da AAAG. Comunicarase o listado de admitidos o día 30 de Abril.

Deixa un comentario

UA-43720748-1