Por que invertir en publicidade na rede? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Por que invertir en publicidade na rede?

Por que invertir en publicidade na rede?
David Lamas
  • En Outubro 31, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Cando falamos de marketing online no pequeno comercio atopamos que a súa forma de pensar non radica na inversión ao longo prazo. O pequeno comercio vive da filosofía curtopracista, a mesma que os fixo chegar a este momento e á forma na que viven, que non entende a diferencia de gasto e inversión por non obter resultados inmediatos.

O concepto de inversión é diferente para cada un. Para nós consiste no esforzo de implementar mecánicas e estratexias que fagan competitivo ao noso comercio introducíndoo na rede, reforzando os lazos cos clientes e usuarios e potenciando a marca para dala a coñecer máis aló. Para o pequeno comercio consiste na obtención dun resultado segundo a inversión realizada. Deste xeito, o gasto en publicidade quere “máis visitas, máis clientes” canto antes. Atraer ao maior número de público xa e agora.

As nosas propostas para levar adiante estratexias de mercadotecnia de éxito no pequeno comercio van dende os prezos gancho (produtos cun custe competitivo para conseguir atraer a un público determinado), o coidado e a atención ao cliente, a calidade e particulariedade dos seus produtos, ou mesmo tarxetas de fidelización e mecánicas de premio por visita ou compra. Coma sempre, non podemos garantir que levar a cabo este tipo de iniciativas implique un aumento nas ventas, pero son pequenos detalles que diferencian un negocio e que, como usuarios, nos gusta atopar.

Como mostra, puxemos a proba ao noso círculo máis cercano, cunha sinxela cuestión: “¿Coñeces tódolos negocios que hai na túa rúa ou no teu barrio?” a maioría dos que contestaron, un público que non superaba os 40 anos, afirmaban descoñecer o groso dos comercios do seu arredor, e decidimos ir máis aló: “¿Sabes se algún dos comercios do teu barrio ten presenza en Facebook ou Twitter?” e a cousa cambiou, enumerando os negocios que sabían que tiñan contas en redes sociais. Vaites! Acabábamos de atopar un nicho interesante, un nicho que ten ganas de darse a coñecer e moito que aprender. Toca cambiar a mentalidade, deixar de pensar en custos e asumir que hai determinadas inversións a medio prazo que repercuten positivamente no noso comercio.

Unha vez que chegamos ata un negocio, á hora de tentar explicar para que serve a publicidade na rede, o marketing online, resumímosllo en tres premisas:

  • Visibilidade: faite un oco na rede
  • Comunicación e diferenciación: dá a coñecer cómo chegaches aquí e por qué segues a competir
  • Obtención de resultados: produto da visibilidade e da diferenciación obterás o resultado

Pero claro, dende que o primeiro punto estea vixente ata que se obteñan resultados, hai un longo traxecto que require unha inversión coidada, na que saibamos en qué estamos a invertir, e que os resultados sexan claros e non a suma de anos levando adiante iniciativas que non se adaptan ao noso negocio. O primeiro que temos que aprender é que unha estratexia en Social Media require tempo e esforzo para crear, reforzar e gañar coa túa marca, competindo de xeito sinxelo co resto dos comercios. Tamén hai que ser realistas, xa que se temos unha tenda de electrodomésticos e queremos competir coas grandes cadeas, non poderemos alcanzalos en volume de ventas ou igualar os seus prezos, pero si podemos diferenciarnos na comunicación e con iniciativas orixinais que axuden á visibilidade do noso pequeno negocio. Rétovos a responder á seguinte pregunta sen enganar ao cliente con falsas promesas de vendas: “¿Como podemos explicar a unha tenda que acaba de crear o seu comercio electrónico, que ao cabo de X tempo rendabilizará a súa inversión grazas ao posicionamento nos buscadores?“.

A inversión en publicidade na rede require uns prazos, non é algo que funcione da noite para a mañá, e moito menos é algo no que poidamos invertir un mes si e un mes non. Cando falamos de inversión referímonos ao tempo. Cousa co que o pequeno negocio cree non contar e se equivoca.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1