Por que feed non é RSS e outros erros comúns das fontes web | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Por que feed non é RSS e outros erros comúns das fontes web

Por que feed non é RSS e outros erros comúns das fontes web
Agos Reigosa
  • En Abril 29, 2014
  • http://about.me/agos_reigosa

Antes de que existisen todas estas redes sociais e de que un tivera Twitter para enterarse de case calquera cousa ao minuto de que esta suceda, unha boa forma de estar ao tanto de todo o que pasaba era contar cun agregador de feeds e unha boa colección de páxinas previamente seleccionadas no mesmo. Aínda hoxe en día, servizos coma Feedly ou The Old Reader teñen unha gran importancia para o mundo das novas de todo tipo (non só blogs), achegando ao noso ordenador toda a información ao minuto de ser publicada… pero coma sempre, comecemos polo principio.

Moitos confundimos, sobre todo se non estamos familiarizados co termino, o termo feed co termo RSS, se ben é certo que o máis normal é atopar un da man do outro, temos que deixar claro que son cousas completamente diferentes: Unha fonte web, ou web feed, é un medio de redifusión do contido que se crea nun sitio na rede, de tal forma que nós como internautas nos podemos suscribir a esta fonte para recibir o contido actualizado cada vez que se crea. A confusión prodúcese co formato que esta fonte web utiliza para facernos chegar esta información: na actualidade existen dous tipos de formatos, o RSS e o Atom, ambos escritos en XML. Para que nos entendamos, o XML é un tipo de linguaxe web, coma o HTML que len os nosos navegadores. No caso do XML está pensado para que sexan os agregadores de novas os que o lean.

RSS: Como diciamos antes, o RSS é un formato de distribución en XML que empregan as fontes web. RSS ou Really Simple Sindication foi o primeiro dos formatos en aparecer. Este arquivo contén unha versión específica da información pública dunha web. Cada elemento de información dentro dun arquivo RSS chámase ítem e pode descompoñerse en título, texto, autor e mesmo imaxes, sempre acompañadas dunha url que dirixa á páxina específica onde se atopa ese contido.

Atom: Máis recentemente viu a luz o formato de feeds Atom, un formato de ficheiro tamén escrito en XML e que cumple as mesmas funcións que o RSS pero que resolvía problemas de incompatibilidade entre diferentes versión deste último.

Actualmente case tódalas plataformas contan cun feed xa creado para distribuír o noso contido de forma automática a través de agregadores. Moitos destes servizos, coma é o caso de WordPress, mesmo diferencian entre as diversas fontes de contido da páxina, coma comentarios e posts. É tamén moi normal atopar webs que distribúen o seu contido tanto de forma conxunta coma separada por contidos, cousa que nos permite suscribirnos tan só ao que nos interesa.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1