Preme aquí para poder ver o contido | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

7 Comentarios

Preme aquí para poder ver o contido

Preme aquí para poder ver o contido
David Lamas
  • En Setembro 12, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Seguro que moitos de vós saberedes ao que nos referimos con esta expresión. Unha boa campaña de email marketing pode resultar moi eficaz para o teu negocio, sempre e cando sigas uns cantos pasos clave na súa elaboración. Un dos grandes paradigmas do email marketing é saber ata onde van a chegar os correos electrónicos que enviamos, xa que, ¿cantas veces tiveches que premer para poder acceder ao contido?.

Cando falamos do email marketing estamos a referirnos a unha ferramenta sinxela, cómoda e gratuita de comunicación ou “fidelización” do teu establecemento. Trátase dun xeito de ter actualizados aos teus usuarios e clientes a través do correo electrónico, xa sexa para informalos do comezo das rebaixas, de que tes certos produtos de tempada, de eventos, de ofertas… ou simplemente, que volves abrir tralas vacacións. En definitiva, relacionarte co teu cliente.

Para elaborar unha campaña de email marketing podemos empregar diferentes ferramentas para o envío de newsletters como Mailchimp (de balde), FRAN ou Mittum (de pago as dúas). A experiencia adquirida nestes últimos anos fainos valorar certos aspectos, positivos e negativos, dos boletíns que a miúdo recibimos do pequeno negocio:

  • Cando non se emprega unha ferramenta axeitada para o envío de publicidade online, a ausencia do destinatario oculto (en Cco -copia de carbón oculta-) nos envíos provoca que queden descubertos os enderezos de correo, levándonos a cometer unha neglixencia grave en termos de privacidade. Ao empregar o “Cco” asegurámonos de preservar a intimidade dos receptores.
  • Se enviamos un email con promocións dende o noso correo electrónico persoal, non poderemos personalizar dito envío para cada un dos destinatarios. A nosa recomendación é empregar algunha das ferramentas que vimos de recomendarche, tanto as de balde como de pago. Mailchimp, por exemplo, ofrécenos a posibilidade de monitorizar as aperturas dos correos, os clics que se fixeron ou qué contidos resultaron de maior interese, para así configurar e mellorar a experiencia do usuario.
  • Hai quen emprega de forma equívoca o seu boletín, enviando a información dentro dun pdf, sen máis adianto que o propio asunto do correo electrónico, sen incluír ningún tipo de texto ou imaxe no corpo do correo. Calquera arquivo anexo crea unha barreira para o usuario, que pensará ”descoñezo qué haberá no pdf e teño que descargarme o arquivo para poder acceder á información”. No caso de que teñas que enviar, necesariamente, un pdf (catálogo, revista, etc) no teu email comercial, inclúe no corpo do email un pequeno resumo con texto e imaxes na mensaxe.
  • Cando falamos de plantillas de html, sorprende a falta de criterio á hora de seleccionar a calidade das imaxes, cara os dous extremos: así, atopamos correos que requerirían o procesador e a conexión máis veloces do mercado para cargar en menos de 5 segundos tódalas imaxes que inclúe, e outras mensaxes que ben poderían formar parte dun videoxogo de consola Atari.
  • No tocante á frecuencia de envío de boletíns atoparemos diferenzas. Están os que optan por facer un único envío mensual, ou un semanal e mesmo hai quen decide enviar varios durante a semana. Poderiamos citar o exemplo dunha recoñecida marca de roupa inglesa, que envía un email o luns onde che amosa a nova colección e prendas de tempada, outro envío o mércores, centrándose nun producto en concreto (pantalóns, camisas…) e finalmente, o derradeiro correo no que, ademais de introducir de novo ditas prendas, inclúen eventos relacionados coa marca para a fin de semana. Cada un escolle a frecuencia de envío dependendo das súas necesidades, pero temos que ter sempre en conta á persona que se atopa do outro lado, xa que ninguén quere recibir tódolos días correos dun mesmo establecemento (a non ser que sexa para recibir agasallos).

Cremos que se o pequeno comercio reflexiona nos puntos mencionados, traballa duro e atopa a harmonía exacta entre texto, imaxes e arquivos, conseguirá elaborar unha newsletter coidada, persoal e en definitiva, que represente con exactitude a profesionalidade do propio comercio. Dende aquí recomendámosvos unha plantilla sinxela e esquematizada, que garde relación a súa estructura co espazo na rede, e como gusto da casa, que teña delimitados os bordes.

Comentarios

  1. Moi interesante o artigo. Para min, plataformas coma MailChimp son imprescindibles. E a súa app para Smartphone fai o seu uso comdísimo. E moi certo o que comentas sobre que os anexos aos E-mails crean barreira. Anos e anos de reportaxes nos telexornais sobre “El nuevo virus de E-mail” fan pegada na xente.

    • Ola Adrián, tes razón, a app de Mailchimp é incrible, estos días para nós é coma un xogo ver os clics ou a ratio de apertura . Cando me refiro a unha barreira, é que en si, a xente cando recibe un boletín agarda a inmediatez. Abrir o correo e obter toda a información sen ter que descargar a abrir, neste caso serían dous pasos. Se lle sumamos o medo ao virus a campaña de email-marketing pode resultar un fracaso

      Moitas grazas por pasarte e polo teu comentario

  2. marta

    pues a mi el tema de la publi en el correo me tiene bastante harta de tanto que abusan. Si no son correos de amigos, va todo directamente a la papelera

    • Ola Marta, enténdote a perfección, é moi importante controlar o número de envíos que se fan, pero hai certas empresas que pola proporción de suscripcións e baixas ao boletín compénsalle varios envíos á semana.

      Grazas por comentar e por pasar por Ganapán :)

Deixa un comentario

UA-43720748-1