Que día teño que enviar o meu boletín? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Que día teño que enviar o meu boletín?

Que día teño que enviar o meu boletín?
David Lamas
  • En Outubro 1, 2013
  • http://about.me/davidgzlamas

Para responder esta pregunta teríamos que analizar dous aspectos: a que se adica o teu negocio e cal é o teu público. Sen ter resposta a estes interrogantes non podemos garantir unha campaña exitosa vía email pero aínda así, podemos darvos algunhas claves para realizar os vosos envíos:

Para indicarvos que días ou que horas son as mellores analizaremos estes individualmente:

Sin título

- Os luns non apetecen: Este é o peor día para levar a cabo un envío, volvemos da fin de semana, abrimos o noso correo e comezamos a desbotar o irrelevante mandándoo á papeleira. Pero aínda así, existe espazo para a túa campaña se atopas as horas adecuadas. A primeira hora (falamos entre as 7 e as 9 da mañá) ao abrir por primeira vez o correo, a persoa indicada pode que atope algo que sexa do seu interese.

Desaconsellamos levala a cabo ao longo do día. O luns a túa mente non está predisposta a abrir correos, coñecer novos contidos ou facer algún plan para a fin de semana, e segundo pasan as horas, a frecuencia de envíos á papeleira aumenta.

- Os martes facemos plans, esquecemos plans: Só pasou un día dende o luns e as perspectivas son mellores para a túa campaña. Os martes son un bo día para anunciar os teus eventos, festas, descontos en viaxes e ocio; plans a longo prazo durante a semana. Recibiremos correos con iniciativas atractivas e de aquí á fin de semana teremos tempo para planificar…

Ben, facemos cousas! Pero lembra, a xente ao longo da semana é capaz de esquecer o proposto no teu correo. Reforza a túa oferta con outro envío dous días despois e refréscanos a memoria.

- No medio e medio, coma o mércores e o xoves: Semana laboral ou non, os días principais nos que debes centrar as túas campañas son estes dous. Campañas dinámicas, de curta duración ou mesmo reforzo para lembrar outras que xa enviaches. Nisto do envío, o xoves é o noso día favorito, case sen facer distinción das horas: durante toda esta xornada estamos moi activos, será porque estamos a cheirar a fin de semana e xa comezamos a estar máis inquedos?

Nós enviamos a nosa newsletter os xoves e os datos son favorables, xa non só pola taxa de apertura (número de veces que se abre un mail), senón que, tras comprobalo ao botarlle un ollo ao Analytics, sabemos que as visitas á nosa web aumentan co envío da newsletter. É xoves!

- Os venres son os novos luns: este día, a diferenza do luns, non prestamos atención ao monitor porque queremos apagalo o antes posible e ir para casa, quedar cos nosos, pasalo ben ou simplemente descansar. Os venres queremos facer as nosas tarefas sen distraccións e rematar axiña.

Aquí terás que facer un esforzo. É un día complicado, terás que aguzar os teus contidos e á vez saber como e a quen envialos. Atoparás un nicho naqueles que aínda non teñen plan, aqueles que simplemente saen de traballar ou os que están na casa sen saber que facer. Motívaos, dálles unha razón para saír e ir ao teu negocio. E lembra, faino cedo, a primeira hora da mañá.

- Sábados e domingos, desconexión: Días para estar coa familia ou amigos, días de plans de ocio, o mesmo que recomendaches o martes, lémbrallo aos teus suscriptores e faino a media mañá, que apuren e non perdan a oportunidade de pasalo ben.

Nestes días céntrate nos envíos de email en versión móbil, xa que aínda que non acendas o teu ordenador para comprobar o correo, os datos revelan que a meirande parte das aperturas de mails que se fan na fin de semana realízanse dende teléfonos intelixentes.

No envío de campañas non dubides en probar, analizar os datos que che aporta cada envío, identificar ao teu público obxectivo e as horas, e sobre todo, tenta mellorar os teus contidos envío tras envío.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1