Que é o SEO negativo e como combatelo? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Que é o SEO negativo e como combatelo?

Que é o SEO negativo e como combatelo?
David Lamas
  • En Marzo 3, 2014
  • http://about.me/davidgzlamas

Para os novos, se non lembrades qué era o SEO, explicabámolo así en anteriores posts: “O SEO é o mecanismo polo que procuramos que a nosa páxina web ou blog se relacione co medio, é dicir, internet”. Isto é: cómo ese sistema interrelacionado de links e contidos garanten ao noso espazo na rede un posicionamento axeitado en competencia directa co resto de empresas do noso sector (que tamén conten cun oco na rede).

Tentar gañar postos dentro dos buscadores non sempre é doado, polo que hai quen decide non “xogar limpo”. Para isto, hai moitos profesionais que se valen do “Black Hat” (ou SEO negativo). Hoxe imos explicar en que consiste o SEO Negativo e amosaremos cales adoitan ser as estratexias máis empregadas (e como podemos atallalas):

Se o noso contido aparece duplicado na rede, temos un problema, xa que Google penaliza os contidos repetidos, aqueles posts ou textos que son copiados palabra a palabra. Con esta xogada clásica búscase a penalización dun espazo en concreto na rede, espallando en diferentes webs ou blogs o noso contido, para que deixe de ser orixinal e a máquina de Google deixe e indexar o noso traballo. Para ter este tema controlado, debemos ter activados os Backlinks no noso blog, ou controlalos dende Monitor Backlinks. Estes avisos dirannos cal é o destino das nosas ligazóns, é dicir, se alguén está a enlazar o noso contido noutras páxinas. Esta ferramenta, que precisa dunha conta en Google Analytics, permítenos monitorizar a procedencia do noso tráfico. Resulta moi útil, xa que saberemos que ligazóns perxudican a nosa páxina (isto é, se proceden de páxinas “maliciosas”) ou cales foron retirados. Ante este último punto, só cabe preguntarse por que desapareceron. Para loitar contra ese tipo de enlaces maliciosos, recomendamos empregar o Google Webmasters Tools. Mesmo dando o “chivatazo” a Google, se é necesario. Podemos facelo dende aquí.

Se queremos saber se o noso contido está a ser empregado en máis espazos na rede, podemos botar man de ferramentas coma CopyScape. Tan só con introducir a URL da nosa web obteremos unha listaxe dos lugares onde o noso contido está a aparecer duplicado (agardamos que isto non ocorra). Se, malia todo, descubrimos que nos están a “roubar”, a primeira solución da que temos que botar man é a educada: advertir ao propietario do espazo de que está a duplicar un contido do que es propietario, e que faga o favor de eliminalo. Se os avisos non funcionan, recomendamos, a través do seguinte formulario, dar aviso a Google de que nos están a roubar o contido. Se o fan coa premeditación necesaria para perxudicarnos, estas medidas poida que non sirvan de nada, polo que só nos quedará ordear ao robot que non indexe a nosa páxina… ou refacer o noso texto.

No tocante ás redes sociais, temos que falar da suplantación do noso perfil nas redes. Hoxe non nos imos alongar neste tema, pero prometemos posts adicado en exclusiva. Só recomendamos que, se atopamos algún perfil fraudulento, denunciemos esa páxina/perfil en Facebook, Twitter e demais dende os espazos habilitados en cada plataforma. Tamén podemos empregar Mention, unha plataforma que nos permite monitorizar calquera mención nas redes sociais e así estar ao tanto de que se di de nós mesmo cando non nos mencionan.

Aínda que éstas non son, por sorte, as prácticas habituais no sector, existen ata profesionais do “Black Hat” (ou SEO negativo), para iso non hai máis que visitar páxinas de ofertas de emprego…

Deixa un comentario

UA-43720748-1