Que é o SEO? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Que é o SEO?

Que é o SEO?
Agos Reigosa
  • En Novembro 12, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

En Ganapán falamos todos os días de moitas cousas relacionadas coa rede, dende as máis simpáticas como os Doodles de Google ata as máis serias e traballadas, plataformas para  blogging, formatos publicitarios

Cando explicamos estes conceptos, moitas veces temos que empregar outros termos menos coñecidos ou que, a pesar de ser formar parte da nosa actividade (xa que traballamos con eles a cotío e os coñecemos de sobra), pode non quedar claro que son ou para que serven aos nosos usuarios. Por iso hoxe imos falar máis polo miúdo de qué é o SEO e como funciona.

Para pornos en antecedentes sobre a linguaxe SEO temos que introducir o concepto que engloba todo o termo:

SEM, acrónimo que vén do inglés Search Engine Marketing, é o obxectivo, relaciónase coas técnicas de marketing, coas máquinas de procura na rede (é dicir, cos buscadores), e engloba moitos tipos de mecánicas, entre as que destacan a linguaxe SEO e o PPC.

O PPC é o método máis caro e tamén o menos coñecido entre o usuario básico. Fai referencia a Pay Per Click, é dicir, a formas de pago para aparecer nos buscadores, xa sexa pagándolle directamente ao buscador para aparecer como búsqueda patrocinada, como é o caso de Google, ou pagando por enlaces patrocinados e similares que axudan ao posicionamento en buscadores.

Por outra banda temos o SEO, Search Engine Optimization, que é unha forma de conseguir que os buscadores atopen e indexen o mellor posible a túa web, para aparecer entre os primeiras opcións dende os diferentes buscadores da rede. A través de dúas clases diferentes de procedementos acadamos a optimización dos nosos contidos. O primeiro inclúe todo o relacionado coa correcta adecuación da nosa web ou blog, e o segundo comprende o posicionamento, a través do traballo proactivo que fagamos da mesma mediante a utilización de ligazóns e a creación de un sistema inter-relacionado entre si de forma axeitada coa rede e os nosos espazos nesta.

Resumindo, e para que nos entendamos, o SEO é o mecanismo polo que procuramos que a nosa páxina web ou blog se relacione co medio, é dicir, internet. O SEO consegue que as nosas creacións non sexan só un engadido, senón parte do total inter-actuando con buscadores e web.

Maís adiante falaremos de forma máis específica sobre ferramentas concretas que nos axudaran a aplicar o SEO aos nosos espazos.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1