Que fixemos nas redes sociais no 2013? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Que fixemos nas redes sociais no 2013?

Que fixemos nas redes sociais no 2013?
David Lamas
  • En Xaneiro 24, 2014
  • http://about.me/davidgzlamas

Saber cal é o espazo na rede con máis actividade, interaccións e importancia é vital para poder levar adiante unha estratexia de comunicación nas redes sociais que resulte efectiva. É dicir: saber onde está a xente para deixar alí a túa mensaxe.

Esta semana publicouse o informe de Global Web Index sobre penetración e uso activo das redes sociais a nivel internacional no último trimestre do pasado 2013. Malia que a prensa se centrou en destacar os desastrosos datos deste informe sobre as redes sociais propias de países, como son Tuenti (que perdeu un 58% dos seus usuarios), a holandesa Hyves (un 68%), ou o 50% da alemana MeinVZ; nós cremos que hai información e tendencias moito máis interesantes neste informe:

A análise do último trimestre de 2013 ofrecida por GWI, amósanos datos de usuarios de 32 países (agás China), e de idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos. Neste informe atopamos información sobre o uso activo, o tamaño estimado de cada rede, os diferentes dispositivos dende os que se acceden e moito máis:

graficausoactivo

Uso activo – Fonte: Global Web Index

A primeira vista poderíamos dicir que este informe está patrocinado por Google+, xa que un dos datos que máis nos chama a atención é que esta rede conta con máis uso activo que Twitter ou LinkedIn. Por outro lado, non nos estraña que o número de usuarios desta rede aumentara, xa que tan só é preciso ter unha conta en Gmail para contar, queiramos ou non, cun perfil de G+.

Cambios no uso activo – Fonte: Global Web Index

A tendencia é clara: Facebook segue a aumentar en número de contas de usuario (da súa actividade falaremos despois). O 83% dos internautas dos 32 países teñen conta nesta rede social, 49% deles son activos (é dicir, comparten contidos) e un 56% recoñecen abrir Facebook máis dunha vez ao día (entran a ver contidos sen actividade). Malia todo, esta rede viu reducido o seu uso activo nun 3% con respecto a datos anteriores.

Onde foi parar toda esta actividade dos usuarios de Facebook? As estatísticas dinnos que en boa parte aqueles que fuxiron das redes xeralistas buscaban a inmediatez e o estímulo visual propio doutras coma Instagram, seguida de Reddit (unha mestura entre Chuza/Menéame e Tumblr), Tumblr ou Pinterest; e a profesionalización de LinkedIn ou Google+. Por outra parte, non deixa de ser curioso que exista un 39% de usuarios activos noutras redes menores que non figuran nesta listaxe, que aumentaron a súa actividade nun 19%. Que estarán a facer?
 

. Uso de aplicacións móbiles

Uso de apps móbiles – Fonte: Global Web Index

Unha das tendencias máis acusadas é o salto das redes sociais “ao uso” ás aplicacións móbiles, entre elas as de mensaxería. WeChat (que, coma o seu propio nome indica, é unha app de mensaxería), aumenta un 9% respecto ao segundo trimestre do ano pasado.
Quen nos ía dicir a nós que escolleriamos Facebook Messenger coma o principal medio para comunicarnos cos nosos contactos superando a Whatsapp ou similares! Probablemente o lavado de cara da aplicación, e que agora o seu uso sexa independente da app principal, terán algo que ver.

Os nosos parabéns para os creadores de Vine, app que naceu en 2013 (e hoxe, 24 de xaneiro está de primeiro aniversario) e xa conta con arredor de 40 millóns de usuarios.

 

 

 

 
. Se algunha vez pensaches “Esta rede social está chea de nenos/vellos” poida que estiveses equivocado:

Principais redes por idade – Fonte: Global Web Index

Dentro dos cinco tramos de idade analizados atopamos as seguintes diferencias:

1. As redes máis empregadas entre os novos (de 16 a 24 anos), son as de contido visual: Tumblr, Instagram e Youtube.
2. No público comprendido entre os 25 e os 34 anos a cousa diversifícase. Sorpréndenos o uso activo de Myspace que gaña a calquera outra rede nesta franxa de idade. O resto xa as podemos imaxinar: Pinterest, LinkedIn, Twitter e Facebook. De Orkut falaremos máis adiante.
3. De 35 a 44 anos, a actividade repártese case por igual en tódalas redes con máis presenza en Linkedin (por motivos evidentes), agás Tumblr e Instagram.
4. A partires dos 45 anos en diante LinkedIn e Facebook son as redes predilectas. Atopamos unha xustificación lóxica na necesidade de estar en contacto coa familia (incluso exercer certo “control parental”) e a de porse ao día en temas laborais.
 

. Para rematar, falaremos do uso das 10 principais redes sociais por rexións:

Redes por rexión – Fonte: Global Web Index

 

Chaman a atención algúns datos coma os referentes ao uso maioritario de LinkedIn en África e Oriente Medio.

Orkut, proto-rede social creada por Google en 2004 (que está hoxe, -si, tamén- de décimo aniversario), ten o seu maior uso en Latinoamérica, en particular Brasil, onde supera en uso activo a G+, seguido de India e Estados Unidos.

 

Seguimos intrigados por toda esa xente que di participar en redes sociais e non figuran neste estudo. Serán os usuarios de Tuenti?

Deixa un comentario

UA-43720748-1