Un blog? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

3 Comentarios

Un blog?

Un blog?
Agos Reigosa
  • En Setembro 17, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

A forma máis sinxela de achegarse e deixar a nosa pegada na rede sen grandes inversións e sen ter grandes coñecementos de informática é sen dúbida o blog. Dende 1994 cando Justin Hall se convertía no primeiro blogueiro do mundo, polo menos formalmente, este concepto de diario dixital foi evolucionando ata converterse no que coñecemos hoxe en día.

En 1999 os grandes servizos de blogging viron a luz, como foi o caso de LiveJournal ou de Blogger, que sería adquirido por Google catro anos máis tarde, mesmo ano no que vería a luz WordPress, a plataforma profesional por excelencia e sobre a que están feita milleiros de blogs na rede, entre eles os de infinidade de empresas. Hoxe en día ter un blog é case fundamental, todas as grandes compañías teñen un, coma por exemplo Google, Instagram ou Yahoo.

Por que debo ter un blog?

Esa é a pregunta que vos faredes, e as razóns son case infinitas. Centrarémonos nas máis importantes:

  • Para ter visibilidade na rede. Un blog co nome da túa empresa será unha das primeiras cousas que a xente atope cando te busque na rede, ter a oportunidade de ser o primeiro que achegue ao cliente a experiencia do teu comercio ou servizo é algo impagable pois ti mesmo serás o que controles a información que éste reciba tendo a oportunidade única de crear a primeira imaxe que o cliente terá.
  • Un blog non só serve para escribir post. Un blog tamén pode servir para que a xente saiba cal é o teléfono do local, se facedes reservas, cales son os horarios e que día pechades. Un blog pode dar moita información de primeira man aos teus clientes que de outra forma terían complicada de atopar. Un blog pode dar exactamente a información que ti queiras aos teus clientes potenciais.
  • Feedback no teu terreo. Un blog componse principalmente de entradas periódicas nas que no caso dunha empresa lle conta aos seus clientes cousas que pasan no local, novidades ou simplemente cambios que van ocorrer, pero ao pé desas entradas hai un oco para os comentarios, un sitio onde a xente pode expresar o que pensa sobre ese cambio, se lle gustou ou non a nova decoración ou se o prezo lle pareceu excesivo, todo isto non só é información que te chega a ti, senón que está no teu terreo, saber utilizala pode ser a mellor das ferramentas.

Imaxe: Flickr

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1