Unha páxina web? | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

2 Comentarios

Unha páxina web?

Unha páxina web?
Agos Reigosa
  • En Outubro 3, 2013
  • http://about.me/agos_reigosa

Se hai uns días falabamos dos blogs, da súa historia e dos seus puntos fortes, hoxe tócalle a quenda ás páxinas web, un sistema para ter presenza na rede un pouco máis complexo pero moi necesario dependendo de a que te adiques ou como plantexes a túa actividade.

O primeiro que temos que aclarar é que un blog é unha páxina web, como calquera enderezo que abras co teu navegador, pero para o caso que nos ocupa imos diferenciar entre blogs, cunha estrutura máis sinxela, creados sobre unha plataforma específica e cunhas bases comúns (como as cabeceiras, as páxinas e as entradas) -coma este que estades a ler-, e unha páxina web que non ten por qué gardar similitudes cun blog e adoita estar estruturada en moitos máis niveles.

Nunha páxina web, calquera usuario pode atopar información sobre nós e a nosa empresa, as actividades que realizamos, os nosos horarios e similares, coma nun blog. A principal diferenza entre éste e a web é que a páxina non xira arredor dunha serie de entradas de publicación periódica, senón que é un sitio máis estático, que alberga unha maior cantidade de información, rica en contido. Unha páxina pode non actualizarse durante meses mentres que un blog sufriría un gran deterioro se isto acontecese.

Pero, para que nos pode servir? Na actualidade o uso de páxinas web queda relegado a empresas con necesidades específicas, coma por exemplo un restaurante cun sistema de reservas online que permita escoller a mesa, hora e menú para que cando cheguemos estea todo listo. Quen precisa unha páxina web non é alguén que se inicia na rede, salvo que o obxecto do seu negocio sexa precisamente un ecommerce (venda online) ou similares, pois a meirande parte das necesidades que temos á hora de xerar contido na rede poden ser resoltas cun blog.

Entón, debemos facer un blog ou unha páxina web? Cal terá máis visibilidade?
Se estamos comezando e non precisamos de algo moi concreto, o mellor que podemos facer é crear un blog sinxelo que conteña toda a información que calquera que estea procurando o noso negocio na rede poida precisar. Un blog, co noso dominio propio ao que lle apliquemos unha boa man de SEO terá a mesma visibilidade que a mellor das páxinas web, porque como dicía máis arriba, non deixa de ser iso. É o momento de explorar tódalas posibilidades que plataformas como WordPress nos brindan, e se unha vez nese punto, as necesidades do noso negocio seguen sen estar cubertas, é o momento de falar dunha páxina web.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1