Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (II) | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Un comentario

Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (II)

Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (II)
Agos Reigosa
  • En Febreiro 12, 2014
  • http://about.me/agos_reigosa

Como vimos ata agora Youtube garda rexistro de todo o que facemos, de todo o que vemos, gustamos e gardamos, mesmo cando non nos decatamos (como pode ser mediante reprodutores indexados en webs). Para evitalo, e como xa vos comentamos no post anterior, é moi importante establecer o noso historial como privado, sobre todo se a nosa canle pertence a unha marca ou empresa.

Continuando co tema da privacidade, que tanto nos preocupa en Ganapán, outro dos factores que se poden establecer como privados son as nosas suscricións. Antes de falar disto, compre saber qué son as suscricións e qué significan nesta gran rede de vídeos. Se simplificamos moito, podemos asumir que un suscritor é igual a un seguidor máis en Twitter ou a un “Gústame” en Facebook, mais a realidade non é tan sinxela. Existen múltiples vías para cuantificar a viralidade e o éxito de un vídeo, así poderíamos diferenciar entre tres factores que explicaremos a continuación por orde de importancia:

. Os suscritores: Un suscritor é unha persoa á que lle gusta o que publicas e que, polo tanto, decide seguir as túas publicacións de forma constante. Mediante esa suscrición poderá ver se hai novos vídeos e contidos na túa canle sen ter que pasar por ela constantemente. Este sería o uso ideal do suscritor, pero na realidade as ansias de moitas canles por conseguir suscritores están a desvirtuar o concepto, dándolle visos de mercadoría, converténdoas nun mero intercambio na procura de aumentar unha cifra, sen preocuparse porque a xente estea realmente interesada no que está a publicar; un gran erro.

. As reproducións: o segundo dos indicadores do éxito dunha canle son as reproduccións que esta teña, algo que moitas veces vai da man do número de suscritores, sempre e cando éstes sexan reais. Así, a loita por ter unha boa canle líbrase entre as suscripcións e reproducións que acumule. Existen multitude de páxinas especializadas en medir e contabilizar este datos para establecer listaxes das “mellores canles” coma é o caso de Social Blade. E se uso as comillas é porque, como ben sabemos pola programación que atopamos cada tarde nas nosas televisións, ter moitas reproducións ou suscriptores non é sinónimo de calidade. As reproducións son, sen dúbida, un dos indicadores máis importantes da nosa canle, e a través delas podemos analizar o que está funcionando e o que non de todo o que subimos e publicamos.

Gústame: últimos pero non menos importantes son os “Gústame” e os “Non me gusta”. Este indicador, que pode pasar desapercibido para moitos, é crucial á hora de analizar a calidade dos vídeos, xunto coas reproducións. Que un vídeo teña moitas reproducións pode ser bo sinal sempre que os gústame superen aos non me gusta nese vídeo. Como entenderedes, ver un segundo dun vídeo non é suficiente para saber se che gusta ou non (malia que Youtube xa o contabilice como unha reproducción), por iso é importante ter en conta este terceiro parámetro para facer unha lectura correcta do que ocorre na nosa canle.

Todo isto, xunto co que veremos máis adiante sobre Analytics, axudaranos a facernos unha idea correcta do que ocorre na nosa canle e como podemos mellorala.

Comentarios

Deixa un comentario

UA-43720748-1