Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (III) | Ganapán Comunicación
Image Image Image Image Image Image Image Image Image Image
Scroll to top

Top

Sen comentarios

Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (III)

Youtube, a rede que máis usamos e menos coñecemos (III)
Agos Reigosa
  • En Febreiro 26, 2014
  • http://about.me/agos_reigosa

Unha vez teñamos claros estes primeiros aspectos básicos de calquera canle, tanto da nosa como de calquera que poidamos visitar, o que imos ver agora será como personalizar a nosa canle de Youtube e darlle un aspecto recoñecible e similar ao da nosa marca, ademais de incluír referencias ás nosas outras redes.

Coma sempre o máis sinxelo será a imaxe de perfil e o fondo, cunha salvedade: o fondo adáptase por si só a todos os dispositivos. Isto é: o mesmo fondo amosará só o recadro do tamaño preciso para o móbil, ordenador ou pantalla do noso televisor, partindo sempre da mesma imaxe. Para que a adaptación sexa perfecta, temos que ter moito coidado á hora de elixila (facéndoa recoñecible en calquera dos tres modelos).

Tras isto, o seguinte será completar a nosa información e engadir o noso blog ou páxina web, así como os nosos espazos no resto de redes á páxina principal, algo que xa nos suxire a propia rede, e como veredes non é complexo. En todas elas aparecerá automaticamente o favicón.

Unha vez feito isto pasaremos ao máis complicado: cambiar o aspecto da páxina principal para que se adapte aos visitantes amosando vídeos e contido diferentes dependendo de se quen visita o noso perfil é un suscriptor ou non. Deste xeito, no caso de que nos visite alguén que non é suscriptor da canle, poderemos seleccionar un vídeo que se reproduzca automaticamente e que nos axude a facer dese visitante anónimo un suscriptor máis. Para isto, situándonos na páxina principal da canle, premeremos o botón que vemos na imaxe:

Captura de pantalla 2014-02-20 a la(s) 11.26.13

Unha vez premamos aquí, abrirásenos un novo cadro de diálogo con diversas opcións: a continuación vemos o cadro e botámoslle un ollo a todas as opcións que nos ofrece.

Captura de pantalla 2014-02-20 a la(s) 11.26.52

O cadro que nos sairá, que é como o que temos sobre estas liñas, amosará segmentos principais: o de navegar, que habilitaremos e nos permitirá personalizar a vista da nosa canle para os diferentes tipos de espectadores, o do feed, que serve para determinar de qué queremos que se informe ao resto de usuarios de Youtube (sobre a nosa actividade), e por último o de debate, que serve para determinar se queremos que na nosa páxina principal apareza dita pestana, e nese caso, se queremos que todo o mundo vexa ou non os comentarios. De entrada, podemos deixar isto habilitado. Unha vez teñamos habilitados ambos cadros, dámoslle a gardar e continuamos.

Agora a nosa canle amosarase así:

Captura de pantalla 2014-02-20 a la(s) 11.27.41

Todo o que resta agora é personalizala coma nós queiramos. No cadro remarcado poderemos elixir cal das dúas portadas personalizamos, a que reproduce automaticamente un vídeo para aqueles que non son suscriptores, ou a que amosa o último vídeo e algunhas suxerencia para os que xa son suscriptores. En ámbolos dous casos poderemos engadir as nosas listas e vídeos preferidos baixo este cadro principal, e así ter máis opcións de achegar e manter ao público na nosa canle.

Ata aquí o aspecto principal da canle, no seguinte artigo adentrarémonos nos aspectos visuais dos vídeos, tanto propios coma externos a Youtube.

Deixa un comentario

UA-43720748-1